O plantexamento é doado de expoñer na lousa, é fácil repetilo unha e outra vez, pero o complicado é facelo cun pavillón de O Porriño ateigado e ante un rival que ten máis altura, máis peso e algunha que outra internacional no seu equipo. É preciso ser valentes, ter claros os conceptos e, para que negalo, chegar nun estado de forma perfecto no día sinalado.
As locais parecían voar onte sobre a pista azul das ribeiras do Louro. Algunha xogadora rozaba o mellor momento no aspecto físico da súa vida. E así, neste estado de efervescencia, acadou unha vitoria que comezou a xestarse nunha saída en sexta velocidade. Rendas de máis de cino goles no tanteador en dez minutos ante un Rocasa superado, que tiraba de tempo morto e de lanzamento exterior para tentar neutralizar a vantaxe. Parecía que o podía acadar a falta de cinco minutos para o intermedio, pero aguantaron as locais. Susi Sánchez sacou dous balón no extremo e o equipo de Abel Estévez chegaba por diante no marcador ó descanso.
Non era definitivo, pero a esperanza mantíñase. O intermedio era para coller un pouco de aire, retomar folgos e regresar o plan iniciar de correr, defender e soñar. E os cinco minutos da reanudación o Rocasa xa estaba pedindo tempo morto porque a renda superaba os cinco goles e con momentos defensivos que rozaron o sublime. Tiña o equipo canario lanzamento de oito metros e pouco máis porque as vermellas movíanse diante dos seis metros como o diaño. Lectura correcta, presión sobre a central, corte de traxectorias ó centro, eliminación de liña de pase ó pivote… Un manual do bo facer no 5.1 con Sarai Samartín no avanzado.
E así chegouse ós últimos dez minutos, con catro goles de renda para as locais que salvaron unha inferioridade e aí, en aguantar esa renda estivo a eliminatoria porque despois, na igualdade, no corpo a corpo as xogadoras de Abel Estévez mantiveron o ritmo do inferno ata o final e tamén apareceu a présa canaria. Un equipo que chegou a Copa da Raíña para gañar o título e terá que ver as semifinais e a a final no graderío.
A seis minutos do final a vantaxa regresou os seis goles o o público xa estaba de pé. Abel Estévez parou o partido, agora tocaba rematar a elminatoria, gañar ante o seu público porque o encontro foi o que tiña estudado na cabeza como xeral da tropa local. As súas particulares guerreiras cumpliron o plan estabecido a perfección porque, nalgunhas ocasións, corrrer non é de cobardes, é de valentes e ten premio, que será por meterse na semifinal ante o Zuazo. Este sábado ás (18:45).
Rocasa Gran Canaria ACE (11+13)
María Luján (7), Melania Falcón (2), Almudena Rodríguez (8), Arabia Peña, Carmen Toscano, Alba Albaladejo (1), Davinia López (1), Dara Hernández, Carmen D. Simón, Seynabou Mbengue (2), Silvia Navarro, Tiddara Trojaola (3), María González, Yacaira Tejeda.
Balonmano Porriño (14+15)
Sandra Costas, Lorena Pérez (1), Barbara Cerqueira (1), Sara Gil de la Vega (7), Andrea Orsolya, Cecilia Cacheda (2), María Asunción Sánchez, Soraia Lopes (9), Emma Prieto, Andrea Dapena (2), Alba Dapena (4), Gemma Martínez, Sarai Samartín (3), Nekane Terés, Carla Rivas, Iris Sanjuan.
Parciais:| 1:3, 2:7, 5:9, 8:10, 9:12 y 11:14; 12:16, 14:19, 16:20, 18:23, 21:26 y 24:29.
¡Increíble! El @bmporrino da la sorpresa y elimina al campeón. ¡A semifinales! pic.twitter.com/0sU6iI0XUC
— Borja Refojos (@BorjaRefojos) 15 de abril de 2016