Cadete feminino: Asturias 25-26 Galicia
Partido moi igualado de principio a fin, no que xa se notou o cansazo de partidos anteriores. Moitos fallos claros de lanzamentos que propiciou que as asturianas se puxeran catro goles arriba no primeiro tempo. As galegas souberon reaccionar e lograron empatar xusto antes do descanso (12-12). Segunda parte moi parecida á primeira con máis acerto das galegas, que en todo momento foron por diante do marcador a unha distancia de 3-4 goles, apertándose nos minutos finais para acabar co 25-26 final. As galegas, campioas do torneo.
Cadete masculino: Galicia 21-13 Asturias
Partido marcado polo cansazo en ambos os equipos, máis se cabe no conxunto asturiano, por dispoñer de menos xogadores. O partido estivo dominado de principio a fin polo equipo galego. Os anfitrións, sen facer un gran xogo, mantiveron un altísimo nivel defensivo, o que lles permitiu correr e abrir distancia no marcador ao principio do encontro. E xa non abandonaron esta situación de vantaxe ata o final do choque.
Goleadores Galicia: Brais González (2), Andrés Alonso (1), Rubén Fernández (1), Juan Lago (1), Cristian Remeseiro (3), Eduardo Cousillas (3), Isaac Cabanelas (3), Samuel Couto (2), Roi Sierra (2), Martín Domínguez (1), Gonzalo Domínguez (2).
Infantil masculino : Galicia 29-15 Asturias
Contundente vitoria da selección galega na final ante unha Asturias sen opcións. Tras o partido da anterior xornada na que ningunha de ambas seleccións mostrou con plenitude as súas cartas, na final, o nivel de xogo foi moi superior, con poucos erros non forzados e boas actuacións colectivas. Último test antes do Campionato de España en xaneiro.
Infantil feminino: Galicia 20-17 Asturias
Partido de infarto dende o minuto 1 ata o final. As galegas entraron no campo con máis intensidade e máis forza que as asturianas. Así, con moitos roubos de balón, no minuto 7 xa ían gañando por 3 goles de vantaxe. Os fallos en defensa e ante a portería contraria levaron ás galegas para sufrir un achegamento do equipo rival, chegando aos cinco últimos minutos da segunda parte cun empate. Pero as ‘minigalaicas’ non se renderon e puideron chegar ao descanso cunha vantaxe de dous goles.
Con todo, na segunda parte as asturianas saíron con máis intensidade, conseguindo en ocasións empatar o partido. Neste tramo do partido foron decisivas as superioridades, moi ben aproveitadas polas galegas en ataque, a pesar de que cometeron algúns erros en defensa. Ao final, as galegas terminaron cunha vitoria por 20-17.
Xuvenil masculino: Galicia 23-19 Asturias
A selección galega logrou superar a Asturias nun magnífico e axustado partido. Os rapaces de Samuel Iglesias foron sempre por diante no marcador, aínda que na primeira parte non lograban nunca distancias superiores a dos goles. Así, chegaron ao descanso cun 10-9. Na segunda parte continuou a loita entre dous equipos valientes e volcados ao ataque. A falta de cinco minutos, Galicia logrou escaparse de tres tantos e a vitoria xa non se escapou.
Goleadores Galicia: José Leiras (4), Andrés Vila (1), Javier Figueroa (1), Bruno Vázquez (1), Álvaro Preciado (6), Mauro Refojos (1), Lois Pérez Ogando (2), Miguel Pousa (1), Pablo García (5), Juan Carlos Rodríguez (1).
Xuvenil feminino : Suecia 15-18 Asturias
Partido moi duro e pelexado entre Suecia e Asturias na final xuvenil feminina. Os marcadores foron sempre moi igualados ata case o final, cando un erro en defensa de Suecia permitiu a Asturias poñerse dous tantos arriba e con esa vantaxe xa foron insuperables.