INFANTIL FEMININO: Galicia, 29 – Asturias, 25
As minigalaicas comezaron o campionato de España cunha importantísima vitoria fronte a Asturias. O choque foi dominado dende o primeiro momento polas rapazas dirixidas por Carla Abad (5-1, min. 5), que traballaron moi forte en defensa e así puideron xogar con rápidas contras. Desta forma, a pesares de que Asturias apertou en determinados momentos, as galegas nunca deixaron o dominio do choque e chegaron así ao triunfo final. Sensacional papel de Sabela Miniño, Marta Dasilva e Ithaisa Trigo.
Galicia: Laura Pouso, María Currás (2), Cintia Iglesias, Carolina Míguez, Area Martínez (1), Antía Estévez, Sara Román (3), Verónica de Cristófaro, Sabela Miniño (7), Jimena García (1), Marat Dasilva (7), Lara García, Laura Magdaleno, Ithaisa Trigo (8) e Carmen Fernández.
Día 3 de xaneiro: Galicia – Madrid (13:00 horas)
INFANTIL MASCULINO: Euskadi, 18 – Galicia, 23
Complicado partido para Galicia na primeira xornada do Campionato de España. O choque estivo moi apertado no marcador nos primeiros minutos (2-2, min. 5; 3-4, min. 10). Euskadi contaba cun conxunto de maior altura, polo que Galicia tivo que contrarrestalo cunha moi boa defensa. Así, os galegos lograron chegar ao descanso con dous tantos de vantaxe (8-10). A segunda metade foi moi similar, pero os rapaces de Pablo Blanco foron sempre por diante no marcador, a pesares da gran actuación do porteiro vasco Aner Larrañaga.
Galicia: Lois García (1), Carlos Álvarez (5), Alejandro Martínez, Iago Costas, José Cerqueiro, Juan Pereira, Rubén Sequeiros, Roi Gallego (2), David Álvarez, Henrique Gabriel Lourenco (2), Alejandro López (4), Marco García (1), Mario Cancela (4), Rubén Augusto Gallego, Román Arboleya (4), Anxo Fontán.
Día 3 de xaneiro: Galicia – Madrid (09:30 horas)
CADETE FEMININO: A Rioxa, 17 – Galicia, 51
Partido sen historia para Galicia no seu debut na Copa de España contra A Rioxa. As galegas foron moi superiores dende o primeiro momento (3-7, min. 10; 7-24, min. 30), e así gozaron dun plácido inicio no torneo, o que lles permite ir collendo confianza cara aos momentos máis complicados do torneo, no que o primeiro obxectivo e acadar o ascenso ao Campionato de España.
Galicia: Uxía Ferreiro, Goretti Miguel (1), Andrea Fernández (3), Silvia Leiras (4), Ruth Sánchez (3), Celia Pedreira (4), María Lidia Portela, Ángela Rodríguez (3), Sarai Espiñeira (5), Aitana Santomé (8), Sara López (2), Lara Docampo (2), Sandra Blanco (6), Sandra Sánchez (6), Estela López (2), Marta Martínez (2).
Día 3 de xaneiro: Galicia-A Rioxa (9:30 horas)
CADETE MASCULINO: Galicia, 25 – Asturias, 18
O partido comezou con alternancias no marcador onde os asturianos estaban máis acertados cara ao gol (2-2, min. 5; 7-7, min. 21), pero un parcial de 4-0 para os galegos provocou que acabasen un gol por riba ao descanso 10-9. Na continuación, os galegos lograron librarse dos nervios e unha gran defensa, apoiada por unha portería acertada, provocou que fosen ampliando a renda ata o 25-18 final.
Galicia: Brais González (1), Andrés Alonso (3), Bruno Cela (1), Víctor Doval, Rubén Fernández (4), Roi Sierra (6), Isaac Cabanelas, Cristian Remeseiro (3), Xurxo Rivas (2), Gonzalo Domínguez (2), Eduardo José Cousillas, Samuel Barciela, Samuel Couto, Martín Domínguez (3), Pablo González, Juan Enrique Lago.
Día 3 de xaneiro: Galicia – Castela e León (15:45 horas)
XUVENIL FEMININO: Galicia, 35 – Aragón, 22
Magnífico inicio de torneo para a selección galega xuvenil feminina, que sumou a primeira vitoria na Copa de España. As galegas tiñan como rival a Aragón e dende os primeiros minutos foron por diante no marcador, pero non lograban escaparse dunha forma clara. Así, ao descanso gañaban de catro tantos (17-13). Na segunda parte, despois de realizar uns axustes defensivos, o equipo comezou a roubar balóns que se converteron en rápidas contras que terminaron por pechar o encontro.
Galicia: Ainoa López, Raquel Sineiro (4), Paula Alonso (1), Carmen Prelchi (8), Marta Pombal (5), Marta Groba, Mónica Sineiro, Uxía López (2), Begoña Otero, María Groba (1), María Pereira (4), María Álvarez (1), Andrea Cores, Débora Garrido (5), Sandra Fernández (4), Sara Estévez.
Día 3 de xaneiro: Murcia – Galicia (17:30 horas)
XUVENIL MASCULINO: Madrid, 32 – Galicia, 21
Os nervios foron decisivos na derrota da selección galega xuvenil masculina no seu primeiro partido do Campionato de España contra Madrid. Nos primeiros minutos, os madrileños aproveitaron os erros dos galegos para abrir unha brecha no marcador que foi decisiva e irrecuperable (7-3, min. 10). Galicia, cunha moi boa actitude logrou manterse no partido ata uns minutos antes do descanso, no que se ampliou a distancia a seis tantos. Na segunda parte, Madrid aproveitou os erros dos galegos no lanzamento para acadar unha ampla vitoria.
Galicia: Rokkvi Pacheco, José Leiras (1), David Rey, Andrés Vila (1), Javier Figueroa (3), Bruno Vázquez (1), Juan Carlos Rodríguez (2), Sergio Lorenzo, Iñigo Silva, Mauro Regojos (3), Daniel Fernández, Lois Pérez (1), Iago Franco, Miguel Pousa (5), Pablo García (1), Álvaro Preciado (3).
Día 3 de xaneiro: Castela a Mancha – Galicia (13:00 horas)