Na categoría sénior, o PTV HandStard chegou aos oitavos de final, pero caeu nesa rolda contra o Getafe, mentres que o Servisub Area Bueu perdeu nos cuartos de final despois de facer unha fase de grupos impecable con tres vitorias. Tamén boa actuación do BM Panchitas xuvenil feminino que non puido superar os cuartos. En infantil feminino, o BM Pescados perdeu na loita polo bronce.
Sénior masculino
PTV HandStard chegaba a segunda xornada do Campionato do España coa necesidade de vencer, despois da derrota do venres. O conxunto galego logrou un triunfo claro no primeiro partido do día contra Los Notitas (2-0) e caeu no segundo contra o Dr Cogollo por un apertado (1-2). Así logrou o pase para os dezaseisavos como terceiro do seu grupo, onde tivo que enfrontarse ao Mekemalarenabalonmanoromo, ao que tamén superou nos shoout-out. Nos oitavos de final esperaba o HPG Sénior, que foi superior (20-13 e 23-14).
BMP Painkillers comezou o día cun contundente triunfo contra o Alcalá B, que o situaba como segundo do seu grupo, tras facer unha boa primeira fase do campionato de España. Pero nos dezaseisavos de final o campión galego quedou eliminado polo Getafe (2-0). BMP Painkillers Vilatrade comezou a xornada de hoxe cunha vitoria contra o Conde de Marraches (2-0) e caeu no segundo choque do día (aínda da fase de grupos) fronte ao Calella (0-2). Así, logrou clasificarse para os dezaseisavos de final como terceiro do grupo G. O rival para o Vilatrade foi o BM Playa Sevilla, que non deu opcións aos nosos (24-12 e 14-7).
Sénior feminino
BMP Painkillers AC Kalo. Non tivo un bo día o equipo vigués que perdeu os dous partidos que aínda lle restaban da fase de grupos contra o Blcbu Fem (0-2) e posteriormente contra o rival máis duro do grupo, o CBMPlaya Algeciras (2-0). Así quedaron fóra da loita da fase final.
Xuvenil masculino
Servisub Area Bueu. O equipo galego rematou a fase de grupos con tres triunfos, tralo acadado hoxe pola mañá contra o outro conxunto galego, o BM Paradise. Desta forma, tocoulle como rival en cuartos do final o Mar Menor, e finalmente quedaron fóra da competición na tanda de shoot-out. Tras unha mala primeira parte (13-21), na segunda o Servisub logrou impoñerse cos goles de David Iglesias xogando de especialista (24-20). Nos shoout-out, 6-7 para o Mar Menor.
BM Paradise perdeu na fase de grupos contra o Servisub e quedou fóra da competición mentres que o Painkillers gañou ao Los padres del frade Pan Moguer (2-0) pero iso non lle permitiu seguir avanzando no torneo, ao ser terceiro do grupo.
Xuvenil feminino
BM Panchitas. Foi outro dos equipos máis destacados, cunha fase de grupos perfecta na que gañou os seus partidos. Pero no cruce de cuartos de final, as pontevedresas caeron fronte ao Dos Hermanas nun emocionante encontro (13-14/17-4/12-13).
Cadete masculino
Minizas Painkillers. Rematou a súa participación no Campionato de España cunha nova derrota fronte ao Torreón de Mijas (0-2).
Cadete feminino
Seis do Nadal. Comezou o día cunha vitoria contra RS Solar BM Alburquerque (2-1), que lle permitiu clasificarse como segunda de grupo para os cuartos. As viguesas realizaron un gran partido e so caeron nos shoot-out contra o BMP Fuengirola Mijas nun axustado encontro (23-15/14-15/7-4).
BMP Pescados. A participación do conxunto galego rematou co encontro matinal fronte ao Las Repelentes BM Sanse por 2-0. Quedou na cuarta posición nun grupo de cinco equipos e non pasou a cuartos.
Infantil masculino
BMP Pescados non puido superar nos cuartos ao ARHS Infantil (2-0).
Infantil feminino
BMP Pescados loitaba polo terceiro posto contra o Fruit Me Up, ao que vencera o día anterior. Pero as viguesas, despois de gañar con facilidade o primeiro set, perderon no desempate (10-2/12-13/6-7).