Foi un encontro moi competido, sobre todo, na primeira parte que chegou ao descanso cunha curta vantaxe catalana (18-15).
Pero na segunda metade trocou o guión. Neses trinta últimos minutos, ao Distevi Seis do Nadal-Coia faltáronlle folgos para manter o traballo da primeira parte.
«O descanso penalizounos no físico e á volta non foi o mesmo. O feito de que eles gañaran aos seus partidos anteriores con comodidade e de que nos tiveramos encontros mais igualados pasounos factura», laiábase o adestrador vigués, Domingo Da Cunha ‘Mingos’.
Xogar as semifinais foi xa todo un éxito para o Seis do Nadal-Coia, pero os de Mingos queren mais así que afrontarán o partido polo terceiro e o cuarto posto como se fose unha final.
«Estamos co ánimo intacto así que afrontaremos con mais ilusión se cabe a nosa quinta final en cinco días», asegura o técnico.