O Atlético Guardés xoga na liga de honra do balonmán feminino e é un dos dous equipos da provincia que atópase na élite nacional desta disciplina deportiva. O presidente do club fixo entrega dunha camiseta da equipación oficial do Atlético Guardés á presidenta da Deputación na que as membras do equipo oficial estamparon a súa firma.
Carmela Silva mostrouse emocionada polo regalo e sobre todo, por conter as firmas das xogadoras as que animou a seguir traballando cara a lograr uns bos resultados. De feito, Silva destacou que “este equipo que representa a toda a provincia de Pontevedra, sobre todo as súas mulleres, é un exemplo do esforzo e compromiso cos valores do deporte”.
O convenio para a promoción do deporte contempla que o equipo lucirá na manga dereita da súa equipaxe oficial o logotipo da Deputación ademais de diversa publicidade no seu campo de xogo. Tamén ofrecerá de balde invitacións para a asistencia aos seus partidos as escolas deportivas municipais. Esta iniciativa enmarcase dentro da política da Nova Deputación de apoio os equipos de toda a provincia que xogan nas ligas nacionais das principais disciplinas deportivas. Para esta tempada a Deputación destina case que 700.000 euros para o apoio a estes equipos principais.
A Deputación de Pontevedra xa ten firmado nos últimos meses convenios similares coa Fundación Celta de Vigo; Pontevedra Club de Fútbol; Sociedade Deportiva Teucro; Coruxo Fútbol Club; Club Balonmán Cangas; Club Balonmán Porriño; Club Ciclista Froiz e a Gimnástica de Atletismo de Pontevedra.