O Seis do Nadal Coia é un habitual nesta cita, de feito o pasado ano o Distevi Infantil masculino quedou campión da súa categoría e o Asefa Saúde subcampión infantil feminino. Neste caso serán sete os equipos que defendan en Portugal as cores do clube vigués: xuvenís, cadetes e infantís masculinos e femininos e alevíns.
Todos acoden coa ilusión de facer un bo papel á vez que comparten experiencias con xogadores doutros clubes. É difícil falar de favoritos neste torneo, pero entre os equipos do Seis do Nadal Coia que tomarán parte nel os que viaxan cunha maior expectativa de facer algo importante son os dous cadetes, o Paleo Training masculino e o Globalmar Sealand feminino, equipos que están a loitar na súa liga por quedar campións galegos.
Andebolmanía 2016 disputarase entre este mércores e o sábado e reunirá a un total de 1.700 deportistas repartidos en 120 equipos; 57 portugueses, 60 españois e 3 franceses. A competición comezou cunha fase de grupos e posteriormente, os mellores, enfrontaranse en eliminatorias directas ata chegar á final.
Nesta primeira xornada os resultados foron:
Xuvenil Masculino.
Porto 30 – 25 Seis do Nadal
Seis do Nadal 38 – 21 SBV
Xuvenil Femenino
Seis do Nadal 17 – 18 Zaragoza
Cadete Masculino
Guarda 10 – 39 Seis do Nadal
Santo Tirso 8 – 36 – Seis do Nadal
Infantil Masculino
Polanens 21 – 13 Seis do Nadal
Zona Azul 30 – 24 Seis do Nadal
Minis
Espinho 10 – 18 Seis do Nadal