INFANTIL FEMININO: Galicia, 26 – Madrid, 15
Segunda vitoria para as galegas nun comezo de campionato espectacular. Este martes tiñan como rival a Madrid, pero a selección madrileña quedou absolutamente esvaecida ante a grandísima defensa das rapazas dirixidas por Carla Abad, que puideron volver a correr. O partido so estivo nivelado ata o minuto 10 (3-3), e a partir desde intre, Galicia pasou irresistible sobre Madrid cun parcial de 1-10 ata o descanso. Así, a segunda parte foi case un trámite para as branquiazuis que só baixaron un pouco o ritmo nos últimos minutos do partido. A intensidade e decisión de Sara Román e a gran actuación de Antía Estévez en portería foron as grandes guías cara á vitoria.
Galicia: Laura Pouso, María Currás (3), Sabela Miniño (1), Carolina Míguez, Area Martínez, Antía Estévez, Sara Román (7), Verónica de Cristófaro (1), Marta Dasilva (3), Cintia Iglesias, Jimena García (2), Carla Baltasar (1), Carmen Fernández. Lara García, Laura Magdaleno (3), Ithaisa Trigo (5).
Día 4 de xaneiro: Andalucía – Galicia (09:30 horas)
INFANTIL MASCULINO: Galicia, 19 – Madrid, 21
A selección galega infantil masculina caeu derrotada na segunda xornada do campionato de España contra unha rochosa selección madrileña, que baseou o seu triunfo nunha defensa 6:0. Galicia non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento aínda que sempre estivo por debaixo no marcador, pero con desvantaxes curtas ea así houbo emoción e opcións ata o final. Hai que destacar as actuacións de Roi Gallego (Galicia) e de Ignacio Salgado (Madrid), ambos con nove tantos. O partido deste mércores contra Castela e León (líder do grupo con dúas vitorias) será decisivo.
Galicia: Carlos Álvarez (1), Henrique Gabriel Lourenco (2), Iago Costas, Lois García, José Cerqueiro, Anxo Fontán, Roi Gallego (9), Rubén Sequeiros, Alejandro Martínez, Alejandro López (3), Juan Pereira, Mario Cancela (2), Marco García, Román Arboleya (1), Rubén Augusto Gallego, David Álvarez (1).
Día 4 de xaneiro: Castela e León – Galicia (13:00 horas)
CADETE FEMININO: A Rioxa, 19 – Galicia, 47
Partido de volta contra A Rioxa que rematou cun resultado moi similar ao da primeira xornada da Copa. Galicia volveu amosar que é infinitamente superior e acadou así a primeira posición do grupo A con excesiva facilidade. Agora hai que prepararse para o importantísimo choque deste mércores contra Aragón (vencedor do grupo B), para acadar o ascenso ao Campionato de España.
Galicia: Uxía Ferreiro, Andrea Fernández (5), Silvia Leiras (3), Celia Pedreira (4), María Lidia Portela, Ruth Sánchez (4), Marta Martínez (1), Ángela Rodríguez, Estela López (5), Sandra Blanco (3), Aitana Santomé (5), Sandra Sánchez (4), Sara López (7), Sarai Espiñeira (3), Goretti Miguel (3), Lara Docampo.
Día 4 de xaneiro: Galicia – Aragón (9:30 horas)
CADETE MASCULINO: Galicia, 37 – Castela e León, 38
Cruel derrota para a selección galega, nun partido espectacular por parte de ambos conxuntos que se decidiu no último segundo a favor de Castela e León. Ambas seleccións chegaban a este partido cunha vitoria, polo que o triunfo era clave para acadar a clasificación para cuartos. O partido comezou a un ritmo vibrante marcado por defensas abertas e unha gran intensidade. Cada erro penalizaba ao rival con rápidos contraataques, que provocaban alternancias no marcador. Así, ao descanso: 16-16. A segunda parte arrincou cunha gran defensa por parte dos galegos apoiados no gran traballo da portería de Víctor, o que provocou que alcanzasen unha renda de 4 goles. Pero os casteláns non se renderon e foron recortando distancias ata poñerse por diante no marcador na última acción do partido ante a desesperación dos galegos.
Galicia: Víctor Doval, Martín Domínguez (4), Andrés Alonso, Brais González (7), Pablo González, Juan Enrique Lago, Samuel Couto (2), Roi Sierra (7), Xurxo Rivas (1), Cristian Remeseiro (3), Rubén Fernández (3), Eduardo José Cousillas (6), Gonzalo Domínguez (1), Isaac Cabanelas (2), Samuel Barciela, Bruno Cela (1).
Día 4 de xaneiro: Madrid – Galicia (11:15 horas)
XUVENIL FEMININO: Murcia, 21 – Galicia, 37
Segundo partido e segunda vitoria das galegas que fixeron unha primeira metade bastante irregular na que só lograron irse con vantaxe cando xa quedaba pouco tempo para o descanso (14-17). Na segunda parte, do mesmo xeito que o luns, as melloras en defensa e as rápidas transicións en ataque terminaron por liquidar o partido (21-37). E tralas dúas vitorias, este mércores chega o día decisivo xa que Galicia ten que vencer a Navarra (que tamén logrou dous triunfos) para acadar o ascenso de categoría.
Galicia: Ainoa López, Débora Garrido (1), Sandra Fernández (5), Mónica Sineiro, Begoña Otero, Carmen Prelchi (8), Marta Pombal (4), Raquel Sineiro (8), María Pereira (2), Marta Groba, Andrea Cores, Uxía López (3), María Álvarez (1), Paula Alonso (2), María Groba (2), Sara Estévez (1).
Día 4 de xaneiro: Galicia – Navarra (15:45 horas)
XUVENIL MASCULINO: Castela a Mancha, 23 – Galicia, 26
Trala primeira derrota, a selección galega xuvenil reaccionou cun gran xogo e carácter contra a durísima Castela a Mancha. Nos instantes iniciais os manchegos foron por diante no marcador ata que no minuto 15 igualáronse as forzas e a partir deste intre os homes de Samuel Iglesias non deixaron o mando do partido. Chegaron ao descanso con dous tantos de vantaxe (7-9) e na segunda parte Galicia seguiu firme cunha gran defensa e unha espectacular actuación de Dani na portería e de Álvaro Preciado en ataque.
Galicia: Juan Carlos Rodríguez (5), Andrés Vila (2), David Rey (2), Bruno Vázquez (3), Rokkvi Pacheco, Sergio Lorenzo, Mauro Regojos (1), Daniel Fernández, Álvaro Preciado (6), Miguel Pousa, Javier Figueroa (3), Pablo García, Iago Franco, Lois Pérez (1), José Leiras (2), Iñigo Silva (1).
Día 4 de xaneiro: Galicia – Andalucía (11:15 horas)