No último día do campionato hai que destacar o quinto posto de Galicia xuvenil masculina, así coma o triunfo na Copa de España do xuvenil feminino.
Infantil masculino: Andalucía, 27 – Galicia, 20. Escapouse a medalla de bronce. Os minigalaicos non estiveron moi acertados neste choque fronte a un equipo andaluz que saíu a morder do principio ó fin. Pese a todo, hai que destacar a actitude do conxunto galego, que sen facer un gran choque, nunha baixou os brazos. A primeira parte comezou cunha Andalucía irresistible forzando un tempo morto do técnico galego Pablo Barros. Despois do tempo morto os nosos comezaron a xogar e remontar. Así, chegaron ao descanso cunha diferenza de máis tres para os anfitrións (14-11). Na segunda parte seguían sen saír as cousas nin en ataque nin en defensa o que aumentou as distancias a cinco tantos a favor de Andalucía. Nese momento os galegos arriscaron coa defensa 3:3 pero non funcionou e os andaluces ampliaron a súa diferenza ata o 27-20 final.
Galicia: Isaac Couso, Víctor Fernández, Iván Fernández (2), Javier Iglesias, Pablo González, Martín Alfaya, Diego Pérez, Carlos Álvarez (6), Juan Piñeiro (1), Alejandro Gómez (1), Daniel Gómez (3), Jaime Leira, Juan Enrique Lago, Mateo Arias (3), José Manuel Chao (2), Carlos Mariño (2).
Galicia, cuarta no Campionato de España infantil masculino.
Xuvenil masculino: Galicia, 33 – Euskadi, 30. Galicia acadou a quinta posición no Campionato de España despois de superar a Euskadi nun bo partido. O conxunto galego foi por riba no marcador durante todo o encontro ante unha Euskadi moi aguerrida que plantaba cara alternando defensas 6:0 con 5:1. Ao descanso, 17-12. A pesar dos cambios de defensa do rival, o conxunto galego aguantou e soubo administrar a súa vantaxe durante todo o encontro con rápidas saídas aproveitando os erros do rival e as paradas dos dous porteiros galegos.
Galicia: Raul Nogueira, Diego Prada (1), Carlos Vilanova (2), Pedro Toimil (1), José Manuel López, Alejandro Pereiro, Brais López (7), Sergio Altirribia, Antonio Mato, José López (7), Sergio Lorenzo (1), Iván Calvo, Daniel Ramos, Martín Davila (1), Ángel Rodríguez (2), David Iglesias (11).
Galicia, quinta clasificada con Campionato de España xuvenil masculino.
Infantil feminino: Aragón, 25 – Galicia, 26. Partido moi intenso de principio a fin. Na primeira metade Galicia cometeu moitos erros, tanto en defensa coma en ataque, o que permitiu que as aragonesas se escapasen no marcador con sete tantos de vantaxe. A seleccionadora Carla Abad veuse obrigada a pedir un tempo morto e as súas xogadoras reaccionaron e lograron recortar distancias de forma importante. Ao descanso, dous tantos abaixo (11- 9). Na segunda parte, as minigalaicas defenderon con moita intensidade e así conseguiron igualar o marcador e o partido rematou con empate. Na prórroga, as deportistas galegas saíron moi motivadas e animadas e sempre foron por riba no marcador, ata acadar o triunfo por ese 25-26 final.
Galicia: Sabela Abalde (1), Olalla Penabella (4), Silvia Leiras (2), Goretti Miguel, Adriana Mallo (1), Alexia Penabella, Patricia Mallo (3), Uxía Mariño(1), Antía Paz, Paula Gómez (2), Noemí Fernández (2), Carmen Castro (4), Antía Seijo (2), Lucía Pérez (4), Ithaisa Trigo, Lucía de la Torre.
Galicia, sétima no Campionato de España infantil feminino.
Cadete masculino: Galicia, 24 – Navarra, 26. Derrota complicada de explicar para os galegos, que mandaron durante case todo o choque, para permitir a remontada nos últimos minutos. Galicia comezou mandando no marcador e mantívose por diante case todo o partido. Ao descanso, 14-10 para os nosos. E así continuou o partido ata o minuto 25 da segunda parte onde por primeira vez puxéronse por diante os navarros. Tras un período de máxima igualdade con alternativas no marcador, eles estiveron máis acertados en defensa o que provocou a vitoria final.
Galicia, oitava no Campionato de España cadete masculino.
Xuvenil feminino: Asturias, 21 – Galicia, 30. Partido controlado desde o primeiro minuto. As xogadoras galegas estiveron moi serias en defensa, con moitas axudas e presión. Ao descanso, 11-15 para as galaicas. A segunda parte foi moi similar á primeira. Achegáronsenos un pouco no marcador debido a algunhas exclusións rigorosas (min. 50), pero Galicia soubo aguantar o tirón e avanzar ata o triunfo final con resolución. De destacar, o sacrificio e o traballo do grupo.
Galicia: Raquel García, Marta Varela, Manuela Pereira (2), Paula Amorín (3), Nerea Bouzón (3), Sandra López, Ana Piñeiro (1), Elvira Fe, Laura Piñeiro (1), Lara Patiño (6), Marta Pombal (2), Tamara Seijas, Laura Rúa (3), Carmen Prelchi (2), Alicia Campo (6), Paula Alonso (1).
Galicia, campioa da Copa de España xuvenil feminina.
Cadete feminino: Galicia, 42 – Cantabria, 43. Partido moi igualado no que as galegas non tiveron sorte nos momentos decisivos. Ao final, o triunfo tivo que decidirse nos penaltis, e aí Cantabria estivo máis atinada. A igualdade presidiu o choque sempre, con empates no descanso (13-13), ao remate do tempo regulamentario (33-33) e nas prórrogas (36-36 e 38-38). Ademais ambos conxuntos cometeron moitos erros, polo que finalmente o gañador tivo que decidirse nos lanzamentos dende 7 metros. A porteira cántabra conseguiu deter o quinto penalti dándolle a vitoria á selección de Cantabria.
Galicia: Lara González, Maria Groba, Aitana Santomé (4), Zara Barrios (1), Ana Fernández, Ángela Rodríguez (2), Begoña Otero, Sara Domínguez, Uxía Ferreiro, María Pérez, Marta Groba (1), Andrea Fernández (17), Raquel Sineiro (13), Celia Pedreira (2), María Pereira (1), María Álvarez (1).
Galicia, cuarta na Copa de España cadete feminina.