XUVENIL MASCULINO: Cataluña, 32 – Galicia, 18. PRATA
A selección galega xuvenil masculina acadou a medalla de prata no Campionato de España, despois de facer un torneo impresionante indo de menos a máis.
A final deste sábado non tivo excesiva historia. Os galegos, que viñan de facer un esforzo físico impresionante na semifinal de onte contra Andalucía, estaban moi cansos e varios xogadores arrastraban molestias físicas. Ademais enfronte estaba o equipo máis forte do campionato, con fondo de banquillo espectacular.
Así o choque só estivo nivelado nos primeiros minutos, nos que o cansazo aínda non aparecera. No minuto 10, 4-4. Pero a medida que avanzaba o choque, Galicia íase diluíndo, mentres que Cataluña dábase conta de que ía poder facer o que máis lle gusta, que é correr ao contraataque. Desta forma, os locais lograron un parcial de 6-0, con Juan Carlos Rodríguez no banco por molestias, que deixaba as cousas xa moi complicadas (11-5, min. 20). Juan Carlos volveu á cancha e tirou do seu equipo con dous tantos, pero resultaba evidente que os galegos non se movían en ataque coa rapidez dos últimos choques, nin defendían coa mesma intensidade. Pero entre os goles de Juan Carlos e as paradas de Dani, Galicia seguía viva. Ao descanso, 13-8.
Na segunda parte, Samuel Iglesias deu minutos a todos os xogadores, para gozar dunha prata histórica da que todos foron parte. A pesar diso, Galicia seguiu xogando ao seu estilo, valente e decidida, sen esconder a cara e arriscando en todo momento. Ao remate do partido, toda a selección celebrou ao grande a prata acadada. Dani Fernández foi elixido mellor porteiro do Campionato xuvenil.
Cataluña: Mamadou Lamine (7), Jordi Sancho (4), David Estepa (1), Mikel Robiño (2), Raul Estrada, Roger Manzano (4), Adriá García, Ian Tarrafeta (1), Pau Navarro (4), Enric González, Eduardo Calle, Daniel Navarro (1), Alex Pascual (3), Jorge Pérez, Sergi Franco (5), Guillem Correro.
Galicia: Juan Carlos Rodríguez (6), Andrés Vila, David Rey (1), Bruno Vázquez (2), Rokkvi Pacheco, Sergio Lorenzo (1), Mauro Regojos, Daniel Fernández, Álvaro Preciado, Miguel Pousa (2), Javier Figueroa (2), Pablo García (3), Iago Franco, Lois Pérez, Iñigo Silva, José Leiras (1).
Árbitros: José Alberto Macías e Ernesto Ruiz (Andalucía).
Parciais: 2-1, 5-4, 7-5, 11-5, 13-7, 13-8 (descanso), 17-10, 20-10, 22-12, 25-14, 29-16, 32-18 (final).
INFANTIL FEMININO: Madrid, 27 – Galicia, 31. BRONCE
Galicia acadou a medalla de bronce nun igualado choque contra Madrid e no que as galegas estiveron máis acertadas nos momentos decisivos. O partido estivo moi igualado e con alternativas constantes. Na primeira metade ía mandando Galicia, pero con distancias curtas ata que Madrid logrou empatar o choque no minuto 20 (9-9) e incluso lograron irse un gol arriba ao vestiario no descanso (12-11).
A segunda parte foi moi similar, con alternativas no marcador, xa que nin Madrid nin Galicia lograban impoñerse con claridade. Pero nos instantes finais, as rapazas de Carla Abad amosaron unha espectacular eficacia ante a portería contraria, mentres que Madrid cometeu un par de errores que foron decisivos no resultado final. Todo o equipo galego estivo a un altísimo nivel, pero hai que destacar a Marta Dasilva e Sabela Miniño, que estiveron excelentes tanto neste partido como en todo campionato.
Madrid: Marina García, Raquel Sánchez (1), Carla Blanco, Lucía da Costa (3), Laura González, Alba Vega (6), Lucía Expósito, Rocío Herguedas, Inoa Lucio (2), María Moreno (8), Katharina Bruna, Ana Vaya, Lucía Laguna (4), Sara Hernández, Ashely Awida, María Lucero (3).
Galicia: Laura Pouso, María Currás, Cintia Iglesias, Carolina Míguez, Area Martínez (2), Antía Estévez, Sara Román (3), Verónica de Cristófaro, Sabela Miniño (13), Jimena García, Carla Baltasar (1), Marta Dasilva (7), Lara García, Laura Magdaleno (1), Ithaisa Trigo (4), Carmen Fernández.
Árbitros: Gabriela Marinela e Kalina Veselinova (Castela e León).
Parciais: 1-2, 3-4, 5-7, 9-9, 12-11 (descanso), 17-15, 19-19, 22-23, 26-26, 27-31 (final).
CADETE FEMININO: Madrid, 37 – Galicia, 25. Cuarta clasificada
A selección cadete feminina galega non puido acadar a medalla de bronce no Campionato de España, ao caer contra Madrid nun partido que quedou decidido na primeira metade.
As galegas saían decididas a levar para casa esa medalla de bronce e no inicio parecía que estaban metidas no choque. Nos primeiros minutos o encontro estaba igualado (4-4, min. 5), pero Madrid logrou un parcial de 9-0, cunha gran actuación da porteira madrileña (13-4, min. 19) que afundiu a moral das galegas. Xa non puideron reaccionar e marcharon ao descanso cun
resultado definitivo (18-6).
Na segunda parte as galegas tiraron de orgullo e pelexaron ata o final por recortar distancias, pero a diferenza era xa irrecuperable e rematou o partido co 37-25 final. Gran campionato das galegas, que partían da Copa e acadaron a cuarta posición.
Madrid: Carlota González, Virgina Jiménez, Paula Manso (1), Aroa Casia (2), Marina Fidalgo (1), Marina González (1), Elena García (3), Daniela Morena (11), María García (6), Rocío Delgado (2), Andrea Iguacel, Florina Daniela, Laura de la Iglesia (1), Lucía Solís (3), Irene Valeria (2), Kenya Casia (4).
Galicia: Uxía Ferreiro, Goretti Miguel, Andrea Fernández (1), Silvia Leiras, Ruth Sánchez, Celia Pedreira (5), Ángela Rodríguez (3), Lidia Portela, Sarai Espiñeira (5), Aitana Santomé (6), Sara López, Lara Docampo (2), Marta Martínez, Estela López, Sandra Blanco, (1), Sandra Sánchez (2).
Árbitros: Alberto Bolea e Daniel Orts (Valencia).
Parciais: 4-3, 6-4, 10-4, 13-5, 17-6, 18-6 (descanso), 21-8, 24-13, 28-16, 31-18, 33-23, 37-25 (final).
INFANTIL MASCULINO: Galicia, 34 – Navarra, 23. Quinto clasificado.
Galicia logrou a quinta posición no Campionato de España tras vencer a Navarra nun choque no que os galegos puideron facer rotacións e non necesitaron apertar o acelerador. O conxunto navarro non logrou adiantarse no marcador en ningún momento e deixouse levar por unha Galicia que se sabía superior.
Ao final, un quinto posto que deixa entrever que o sorteo non foi amable coa selección galega, xa que despois de lograr un primeiro posto no seu grupo lle tocou en cuartos enfrontarse a Valencia, quen ao remate se proclamou campioa de España.
Galicia: Lois García, Carlos Álvarez (5), Henrique Gabriel Lourenco (4), Iago Costas (5), José Cerqueiro, Anxo Fontán (1), Roi Gallego (4), Rubén Sequeiros (1), Alejandro Martínez (1), Alejandro López (2), Juan Pereira, Marco García (1), Mario Cancela (1), David Álvarez (2), Román Arboleya (5), Rubén Augusto Gallego (2).
CADETE MASCULINO: Galicia, 26 – Andalucía, 32. Sexto clasificado.
A selección galega cadete masculina rematou na sexta posición do Campionato de España tras caer derrotados este sábado contra Andalucía nun frouxo partido dos galegos. Custoulle entrar no partido aos homes de Sergio Carballeira ante unha Andalucía moito máis intensa (8-3, min. 10; 13-5, min. 20). Os galegos non estaban finos nin no pase nin o lanzamento e só os porteiros lograban manter ao equipo (18-11, ao descanso).
Na continuación os galegos tentaron remontar o partido e cando xa reduciran en 3 goles a distancia, varios erros encadeados provocaron que Andalucía confirmase a súa vitoria cun 26-32 final.
Galicia: Víctor Doval, Cristian Remeseiro, Gonzalo Domínguez (3), Xurxo Rivas (2), Brais González (3), Pablo González, Samuel Couto (1), Eduardo José Cousillas (3), Martín Domínguez (3), Bruno Cela, Isaac Cabanelas, Andrés Alonso, Roi Sierra (2), Juan Enrique Lago (4), Rubén Fernández (5), Samuel Barciela.
XUVENIL FEMININO: Galicia, 30– Aragón, 23. Bronce na Copa de España
A selección galega xuvenil feminina acadou a medalla de bronce na Copa de España, tras superar no último partido do torneo a Aragón con moita facilidade.
As galegas, que viaxaban a Cataluña co obxectivo de ascender ao Campionato, non puideron lograr ese obxectivo polo ‘gol-average’ e esa desilusión foi evidente no tramo final da competición. A pesar diso, hoxe as xogadoras dirixidas por Javier Luengo tentaron repoñerse para despedirse cun bo sabor de boca e dominaron o partido dende o inicio para lograr así a terceira posición.
Galicia: Ainoa López, Raquel Sineiro (4), Paula Alonso, Carmen Prelchi (8), Marta Pombal (8), Marta Groba, Mónica Sineiro, Uxía López, Begoña Otero, María Groba, María Pereira (3), María Álvarez (1), Andrea Cores (1), Débora Garrido, Sandra Fernández (5), Sara Estévez.