Ademais no aspecto deportivo, o primeiro día saldouse con tres derrotas e tres vitorias para os equipos galegos. Venceron as selección infantil e xuvenil feminina e a xuvenil masculina, en Travesas.
INFANTIL FEMININO: Canarias, 24 – Galicia, 28
A selección infantil feminina comezou o CESA Galicia cunha importante vitoria contra Canarias, un rival co que xogara en Asturias hai uns meses e fronte ao que perderan. O choque comezou con moitos nervios por parte dos dous equipos, xa que nesta categoría a maioría das xogadoras se estrean neste tipo de competicións. O partido estivo moi igualado ata o descenso, pero na segunda metade un reaxuste no equipo galego permitiulle, a través de roubos de balón e contraataques, escaparse no marcador e non permitir que as canarias puideron darlle a volta ao marcador.
Canarias, 24: Yariza, Ainhoa García (2), Rosana Montesdeoca (1), Carla Hernández (9), Silke
Suárez (2), Claudia Arencibia (2), Ángela Yanire (2), Ainhoa Leitón (1), Beida Cárdenas (1), Alvira Luis (1), Susana Martín (1), Paula Rivero (1), Haridian Montenegro (1) e Cristina Elena.
Galicia, 28: Mariam Mera, Alba Afonso (1), María González (3), Lucía Álvarez, Helena Sánchez (1), Carla Baltasar (5), Mara González (4), Athenea Barreiro (1), Naira González (1), Claudia Peña, Lucía Villamarín (4), Aroa Patiño, Yaiza Alonso (5), Carla Vidal, Lorena Vaello (3), Noelia Solla.
Árbitros: Aitor Gonzalez e Adrián Márquez (Madrid).
Parciais: 1-1, 3-2, 4-6, 7-8, 10-11, 10-11 (descanso), 12-15, 15-18, 17-23, 19-25, 24-28, 24-28 (final).
INFANTIL MASCULINO: C. Valenciana, 19 – Galicia, 17
O partido inaugural da fase de grupos na categoría infantil masculino deparaba un choque espectacular no que se enfrontaba o anfitrión (Galicia) e o actual campión de España (Comunidade Valenciana). E o partido non decepcionou en momento algún, nun emocionante e igualadísimo enfrontamento.
Ambos conxuntos xogaron con defensas abertas e a igualdade foi constante durante todo o encontro. Así se chegou ao descanso con 10-10 no marcador e A selección galega perde ante un rival correúdo que logrou adiantarse de 2 goles no marcador a falta de 4 min. e mantela. A selección galega continua con todas as opcións de pasar á seguinte fase intactas.
C. Valenciana, 19: Minghui Chen, Raul Gasco (4), Ugobueze David Ebikam Molina (1), Alex García, Álvaro Ibars (2), Javier Carrión (2), David Font (3), Héctor Poveda (1), Pedro Alriols (2), Alberto Casals (2), Pedro Castañeda, Héctor Molina, Francisco Sansano (1), Bruno Pastor (1).
Galicia, 17: Daniel Pérez, Vicente Enrique Domínguez (1), Manuel Pérez Mateos, Manuel Couso, Julián García (3), Esteban Puñal, Gael Blanco (1), Rubén Sequeiros (3), Sergio Blond (3), Roberto Castro (3), Jorge López de León, Diego Rodríguez (1), Martín Fuentes, Pablo Gándara, Jorge Domato (2), Luis Álvarez.
Árbitros: Sergio Fernández e Jonathan Montero (Castela e León).
Parciais: 4-4, 5-4, 6-6, 10-8, 10-10, 10-10 (descanso), 11-12, 12-13, 14-14, 17-16, 19-17, 19-17.
CADETE FEMININO: Andalucía, 28 – Galicia, 21
Partido complicado para a nosa selección cadete contra Andalucía, un dos equipos favoritos. As nosas rapazas saíron un pouco nerviosas o que permitiu que Andalucía lograse escaparse no marcador ata de 7 goles, pero as xogadoras galegas souberon reaccionar ata reducir as distancias ata os dous goles. Aínda así, un par de perdas antes do descanso, fixo que Andalucía chegase ao descanso con catro goles a favor (16-12).
Na segunda parte as galegas saíron fortes, con moita intensidade e conseguiron achegarse a un gol, pero un parcial de 3-0 para Andalucía volveu a abrir as distancias xunto antes de que se parase o partido, xa que as condicións da pista non permitían que continuase o choque xa que era perigoso para a integridade das xogadoras. O partido estivo parado uns 40 minutos e na reanudación, as galegas saíron fóra do partido, co que foi imposible darlle a volta ao marcador.
Andalucía, 28: Carmen Cruz, Paula Cabello (1), Alma Jaén (2), Amparo Avilés (3), Lucía López, Claudia Marchesi (1), Carmen Jiménez (3), Laura Sánchez (9), Marta Ontiveros (3), Carmen Martín, Paula Peralta (2), Lidia Gutiérrez, Laura Néjat (1), Marta Cuervo, Bárbara Piñeira (3) e Andrea Moreno.
Galicia, 21: Adriana Ayude, Adriana Mallo (1), Antía Seijo (1), Verónica de Cristófaro (1), Silvia Leiras (2), Ithaisa Trigo (4), Carme Castro (2), Marta Dasilva, Area Martínez, Paula Gómez, Antía Estévez, Sara Román (3), Ana Benavides, Laura Magdaleno (4), Sabela Abalde, Sabela Miniño (3).
Árbitros: Alba Currás (Navarra) e Adrián López (Aragón.
Parciais: 3-2, 7-4, 11-5, 12-7, 14-11, 16-12 (descanso), 18-15, 20-15, 22-15, 24-17, 26-18 e 28-
21 (final).
CADETE MASCULINO: Cataluña, 30 – Galicia, 27
A selección galega cadete masculina caeu derrotada no primeiro día do Campionato fronte a Cataluña, nun partido no que os nosos foron de menos a máis para rematar cunhas magníficas sensacións a pesar da derrota.
Na primeira metade a presión e os nervios dos galegos provocaron que 16 ataques remataran con perdas de balón sen tirar a porta e cando atopaban o oco atopábanse con moi bo porteiro. Así, o combinado catalá podía facer contras moi sinxelas e marcharse no marcador. Desta forma os galegos chegaron a perder de ata oito goles.
Na segunda parte chegou a calma aos nosos xogadores e apoiados nunha boa defensa, foron pouco a pouco reducindo o marcador ata o 27-26 a falta de minuto e medio por xogar. E chegou a xogada final: Un ataque madrileño no que os galegos reclamaron falta, o final foi gol e exclusión para os galegos, que tiveron que xogar en inferioridade ese minuto e medio e xa non foi posible a remontada.
Cataluña, 30: David Sotillo, Artur Parera (3), Jan Rof (2), Guillem Pallarés, Marc Ferre (5), Oriol Zarzuela (1), Héctor Fortuño (3), Lluis Permanyer (1), Martí Ruíz (4), Iker Zudaire, Albert Camprubi (3), Jan Gurri (2), Xabier Alferez (3), Roberto Domenech, Pol Escoda e Arnau Fernández (3).
Galicia, 27: Pablo González, David Álvarez, Carlos Álvarez (7), Mario Cancela (1), Víctor Fernández (1), Diego Pérez, Roi Gallego (5), Jaime Leira, Javier Iglesias, Carlos Mariño (1), Daniel Gómez (1), Anxo Fraga, Alejandro López (1), Román Arboleya (1), Alejandro Gómez (6), Mateo Arias (3).
Árbitros: Luis Ignacio Colmenero e Víctor Rollán (Castela e León).
Parciais: 3-1, 6-2, 9-3, 12-5, 15-8, 16-10 (descanso), 19-13, 21-16, 22-19, 24-22, 26-22, 30-27 (final).
XUVENIL FEMININO: Canarias, 21 – Galicia, 30
A selección xuvenil feminina galega comezaba a Copa contra, a priori, o rival máis duro do grupo, polo que a vitoria era fundamental para as celestes, que soñan co ascenso. As galegas, que comezaron moi centradas, non se permitiron ningún descoido e mandaron dende o inicio e se mantiveron en vantaxe no marcador durante os 60 minutos de xogo. So pasaron un momento de apuro na segunda parte, cando as canarias lograron poñerse a 3 tantos (minuto 50). Pero as galegas volveron a defender con intensidade e así lograron roubar en defensa e rematar con contraataques o partido.
Canarias, 21: Nayara Bermudo, Silvia Cabrera (1), Sara Santana, Famara Fernández (1), Grethe Alicia Damora (2), Pilar Toscano, Melania Cabrera (2), Vaitiare González, Yuli Quevedo (5), Alba Jiménez, Inés Sánchez, Alba Chiara (8), Yraya Concepción Machín (2), Raquel Arrocha.
Galicia, 30: Uxía Ferreiro, Sarai Espiñeira (1), Marta Groba, Lara Docampo, Raquel Sineiro (2), María Pereira (7), Sandra Sánchez, Ángela Rodríguez (9), Andrea Fernández (4), Begoña Otero, Uxía López, Sandra Blanco, Aitana Santomé (4), Sara Estévez (2), María Groba (1), María Álvarez.
Árbitros: Antonio Javier García e José Antonio Huertas (Andalucía).
Parciais: 2-2, 3-4, 4-9, 5-12, 7-13, 9-14 (descanso), 12-16, 13-18, 15-21, 19-22, 19-26, 21-30.
XUVENIL MASCULINO: Canarias, 21 – Galicia, 30
Partido cheo de intensidade da selección galega xuvenil masculina ante Madrid. Comezaba o partido co nerviosismo habitual das xornadas inaugurais destes campionatos. A primeira parte estivo moi igualada, aínda que con Madrid case sempre por diante con rendas de 1 ou 2 goles. Así chegaría o descanso con vitoria visitante por 14-15.
Na segunda parte Galicia vestiu o mono de traballo e, partindo dunha defensa forte, con moitas axudas no centro e a colaboración da portería, comezou a porse por riba no electrónico ata coller rendas de ata 4 goles. Pero os partidos duran 60 minutos e unha serie de perdas de balón e lanzamentos errados permitíronlle ao rival empatar o encontro faltando 13 segundos para o final. En 6 segundos, saque rápido de centro e gol do extremo dereito polo lado esquerdo do ataque. Vitoria final na que a afección de #ABancadaEnPé foi o oitavo xogador. Vitoria de garra e afouteza.
Galicia, 25: Víctor Doval, Javier Figueroa (2), Cristian Remeseiro, Brais González (4), Rubén Fernández, Roi Sierra (7), Andrés Vila (1), José Leiras (2), Álvaro Preciado (2), Rokkvi Pacheco, Bruno Vázquez (1), Martín Gayo (4), Yago Santomé, Daniel Fernández, Samuel Barciela (2), Gonzalo Domínguez.
Madrid, 24: Pedro Rodríguez, Alberto Díaz (1), Mario Crespo (4), Jaime Gallego (1), Julián Mogín (1), Guillermo Álvarez (2), David Santos (1), Arturo Hernández (1), Ismael El Korchi, Sergio Pérez (10), Pablo Prado, Alberto Martín, Javier Lamarca, Sergio Moreno (1), Ricardo Estarei, Jorge Maroto (2).
Árbitros: Héctor Albert Gallardo e Óscar Albert Gallardo (Cataluña).
Parciais: 1-1, 3-4, 6-7, 8-8, 11-12, 14-15 (descanso), 17-16, 20-17, 21-19, 22-20, 23-23, 25-24 (final).