No acto de presentación estiveron presentes a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva; o alcalde de Pontevedra, Miguel Ánxo Fernández Lores; a secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez; o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera Lorenzo; o tenente de alcalde de Vigo, David Regades; o presidente da Real Federación Española de Balonmán, Francisco Blázquez; e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Xosé Lois Pérez Ouro, entre outros.
Todas as personalidades quixeron destacar a importancia de senllos torneos e que fose Galicia a sede elixida para a súa organización, dentro dun proxecto de aposta polo deporte, co que máis de 2.200 deportistas estarán en Galicia durante os torneos, ademais de albergar aos Hispanos na súa última xornada de traballo antes de partir cara a Croacia para disputar o Campionato de Europa 2018. O último dos partidos do combinado nacional enfrontaralle a Polonia e disputarase no Pavillón das Travesas o día 7.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva quixo agradecer “a confianza depositada pola Real Federación Española e a Federación Galega, destacando as necesidades de colaborar con outras administracións”. Tamén quixo recalcar que “somos capaces de poñer en valor esta aposta estratéxica polos eventos deportivos” e ofreceuse como posible sede para próximos eventos.
Sobre a aposta estratéxica tambien falou o alcalde de Pontevedra, Miguel Angel F. Lores que asegurou que “en Pontevedra hai anos que apostamos polo deporte e os eventos deportivos, pero para dar un paso máis adiante, coma o de hoxe, necesitamos ter coma aliados a máis administración, para mover a tantos deportistas e tanta actividade. Esta vez alcanzan os 2.220 deportistas, 140 árbitros, máis de 100 equipos e 21 campos”.
Por outra banda, o tenente de alcalde de Vigo, David Regades manifestou a ledicia da súa cidade por acoller este campeonato e asegurou que “para Vigo é moi importante este campionato para que a cidade volva ter un equipo na liga Asobal”. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, manifestou a súa satisfacción pola colaboración existente entre todas as administración en Pontevedra, o que permite levar adiante grandes proxectos coma o que hoxe se estaba a presentar.
Finalmente, destacar que o presidente da Galega, Xosé Lois Pérez Ouro, expresou a súa satisfacción por ser pontevedrés (de adopción) e da familia do balonmán galego, así como de ver na mesma a todas as administración apostando polo balonmán galego.
Estos son los partidos previstos para los tres primeros días de competición para las selecciones gallegas no Campionato de España de Seleccións Territoriais: