O Real Club Celta e a Xunta de Galicia veñen de promover a confección de 11.000 máscaras de protección para menores de idade que serán distribuídas de balde na rede e farmacias e nas parroquias a través de Cáritas.
A entidade deportiva, a través da súa fundación, facilitará a tela necesaria para confeccionar as unidades, unha tela especial que locerá a identidade do club. Serán por tanto en color celeste e levarán impreso o escudo do Real Club Celta de Vigo.
Un deseño que se ocupará de facer realidade unha rede de costura integrada por 300 voluntarios e voluntarias, que forman parte doutras iniciativas da Xunta de Galicia e que serán as encargadas de confeccionalas.
Unha vez que estean listas, serán repartidas polas farmacias e nas parroquias de Vigo sen coste ningún, tal e como sucedeu coas últimas máscaras cirúrxicas de talla infantís.