Tampouco lle preocupa os case 400 minutos que leva sen marcar o equipo en Liga. Cre que é cuestión de sorte: «Son circunstancias. En tódolos partidos tivemos ocasións para marcar gol, salvo no último. Non é unha matemática exacta. Temos que seguir traballando. Chegarán os resultados».
Sobre o partido ante o Málaga, espera que o Celta gañe, aínda que será complicado que repita a actuación da tempada pasada, cando logrou unha goleada de escándalo na Rosaleda (0-5): «A verdade é que o do ano pasado foi un partido moi completo a nivel individual e colectivo. Nos saíu practicamente todo. Conseguimos gañar con facilidade e son bos recordos. O Málaga está mellor que a tempada pasada. É un rival moi complicado na súa casa, pero iremos alí a ser nós mesmos».
Por último, referiuse ao premio ao mellor porteiro de Primeira División no mes de novembro que lle outorgou a Liga: «Significa que o equipo está traballando ben e que eu estou traballando ben».