Guillermo Janeiro, da organización, explicou que se trata dunha proba formada por catro tramos cronometrados individuais e unha cronometrada en grupos de 20 corredores. Este ano, indicou, ofrecen como novidade dúas opcións: Enduro Pro, que son 22 quilómetros de pura competición cun desnivel de máis de 1.000 metros (saída ás 8.45 horas) e Enduro Experience, «para dar unha oportunidade aos que queiran empezar con esta disciplina cunha marcha popular non competitiva de 18 quilómetros» (saída ás 10 horas).
A saída e a meta volven a Fragoselo tras un ano en Saiáns e outro no monte Vixiador. Por iso o lema deste ano é ‘Home, sweet home’. Ademais da competición desta fin de semana, Vigo Bike Contest programa para o próximo 28 de abril a Transgalaica, que é un maratón de BTT de 56 km nos montes de Candeán.