A marcha partirá dende Concepción Arenal cara a Colón, percorrendo logo Policarpo Sanz, Elduayen, Paseo de Alfonso, Pi y Margall, López Mora, Camelias, Praza de América, Castelao, Gran Vía, Praza de España, Pizarro, Travesía, Buenos Aires, Sanjurjo Badía, García Barbón, Isaac Peral, Areal e Concepción Arenal de novo como remate.
O presidente do C.C. Vigués invitou a Caballero e a Fernández a que participen neste percorrido de 10 quilómetros, «facendo 5, 6 ou os quilómetros que poidan», e celebrou o apoio dun alcalde con orixe en terras de ciclistas. De feito, o propio xefe do goberno municipal adicou algúns minutos a contar aos deportistas presentes algunha anécdota da Volta a España e de Álvaro Pino, a quen lle entregou unha copa durante a mesma cando Caballero era ministro de Fomento.
«Queremos poñer en valor a bicicleta, a vida saudable; fortalecer o corazón non vén mal», recalcou o alcalde para pechar o acto, no que animou a que o domingo se viva «unha gran marcha ciclista».