Delio Fernández tivo en maio o punto e seguido á tempada. Isto é parar tras o esgotamento e volver a adestrar para facelo ben dende este fin de semana na Route do Sud e no Tour de Austria. Iso si, rozou a vitoria en Francia e estivo presente na primeira edición do Desafío Delio, unha marcha cicloturista para afeccionados.
As carreiras e case unha vitoria
Delio Fernández resumiu do seguinte xeito a primeira parte de maio: «Empecei o mes en Frankfurt onde comencei a recuperar sensacións rematando no grupo dianteiro e estando na loita ata o final. Sen moito descanso, xa estaba de novo cun dorsal posto nos 4 días de Dunquerke ( que ainda non sei sei por qué lle chaman 4 dias… se son 5) A priori parecía un percorrido para nada adaptado ás miñas características. Etapas moi planas, estradas estreitas, abanicos, e finais desninados ó sprint. Ademáis tiven a oportunidade de coñecer algún tramos de pavé polos que ten pasado a Paris-Roubaix. Menos mal que estaban lonxe de meta e non houbo demasiada guerra mais que a tensión por estar adiante, e evitar caídas e posibles cortes.
Durantes os primeiros días fun recuperando sensacións mentras axudaba os sprinters do equipo a que tivesen a súa oportunidade nas chegadas masivas. Eu seguía algo lastrado polas consecuencias da alerxia pero cos pasos dos días comenzaron a desaparecer e volvía a sentirme competitivo. E chegou a etapa na que me podía deixarme ver. Unha etapa cuns últimos kms sobre un duro circuito cunha suave subida con tramos de adoquín ( pero non tan bravo como os ddos días anteriores) Ainda así ante a miña inexperiencia no pavé, tiven que tirar de consello de compañeiros máis acostumados a estas circustancias para decidir que presión de tubular levar) En un principio parecía que o trazado non ía dar para moito pero o forte ritmo e os 9 pases pola subida reduciu moitísimo o grupo. Cheguei ós últimos kms en condicións para loitar pola etapa. Incluso encabecei un ataque a 3 kms de meta pero non tiven sorte e non encontrei colaboración cos 2 corredores que me acompañaban. Comenzou a chegar algún corredor mais, e de cara ós últimos metros faltoume algo de forzas para disputar a etapa. Quizais fun xeneroso de máis ou elixín a aposta errónea pero ese día tiña pernas para poder gañar».
A parada e «a vergonza de ir tan despacio»
Tras competir dende xaneiro e pasar por enfermidades e alerxias na primavera, o ciclista moañés parau este mes: «Despois de rematar 6º na xeral, Tocaba regresar a casa para tomarme unha semana de descanso. Só foi un pequeno descanso no que intercalei 4 días de descanso total con adestramentos de rexeneración. E aproveitar para compartir pedaladas cos afeccionados ó ciclismo que se achegaron a Moaña para participar no Desafío Delio Fernández. Despois de esta semana tocou retomar a rutina diaria dos adestramentos cunha primeira semana de acumular moitas horas a un ritmo baixo ( unas 25 horas semanais ) Os menos expertos no ciclismo poden pensar que por ser ciclista profesional un ten que ir co gatillo todo o día… pois ben, as veces tamén toca ir despacio e esta semana por veces ata dábame ‘vergonza’ por ir tan despacio. Trataba de buscar compañía de amigos afeccionados ó ciclismo para que me acompañasen e facer os adestramentos mais a menos.
Regreso ó duro, Nairo Quintana e a sorpresa das pequenas carreiras con encanto
Xa nas últimas semanas do mes, Delio Fernández regresou ós adestramentos duros para afrontar un xuño con dúas carreiras moi importantes na tempada. Este fin de seman estará na Route du Sud en Francia, que ten unha etapa de alta montaña nos Pirineos. Compartirá pelotón co Movistar e cun Nairo Quintana que afina a forma para o Tour. Despois, Delio terá que ir a Austria onde estará na principal carreira do país. Unha volta dunha semana e matriz de KTM, as bicicletas do equipo.
«Volvemos a destramentos mais habituais de metade de temporada, con traballo de series e volver á competición con 2 clasicas na Bretaña francesa en onde non me encontrei demasiado ben pero un pouco dentro do programado. As veces sígome sorprendendo co ambiente que se vive en algunas carreiras que sendo menos coñecidas que outras, están abarrotadas de afeccionados. Por exemplo no GP Plumelec fixeron coincidir a nosa proba cunha feminina de carácter internacional. Cun percorrido que se pasaba por meta ( en un pequeño repeito) como 12 veces en 180 kms. E a organización tiña organizado todo de tal maneira de que a xente vivise un auténtico día de ciclismo a cambio de unha entrada como se estivese nun recinto deportivo».