A proba transitará o sábado por Mos, saíndo ás 10.00 horas do Centro Recreativo e Cultural de Torroso sobre unha distancia final de 68,7 quilómetros, e por Ponteareas, iniciándose ás 17.00 horas no Parque Avisoureira para cubrir 8,7 quilómetros.
O domingo 22 os ciclistas sairán da rúa Domingo Bueno, no Porriño, ás 10.30 horas e agárdase que cheguen á meta no mesmo lugar sobre as 13.00 horas, logo de facer un percorrido que pasará polo sur da provincia.
Esta proba, organizada polo Club Máster da Louriña, permitirá por primeira vez “xuntar corredores novos de Ponteareas, que conta con tres gañadores da Volta a España, Mos, que ten un gañador do Tour de Francia, e O Porriño, un berce de ciclistas”, tal e como salientou o director técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande.