O prezo vai dende os 8 euros ata os 12 en función da data na que se inscriban os participantes. Precisamente, será o municipio da Guarda onde se sitúen as liñas de saída e meta, nas inmediacións do CEIP A Sangriña. As inscricións para esta proba poderanse realizar desde o 20 de xaneiro ata o 16 de marzo na web www.championchipnorte.com, de forma presencial no ximnasio Excálibur da Guarda ou mediante transferencia bancaria. Esta marcha ciclista estará limitada a un máximo de 400 participantes e será preciso ter cumpridos os 16 anos, no día da súa celebración, para poder participar.
A I BTT do Atlántico está organizada por Qualité Sport Events, a mesma entidade que puxo en marcha con éxito as carreiras 10K O Rosal-Feira do Viño e 15K do Atlántico. O seu responsable, o rosalés Serafín Martínez, declarou que “con esta ruta en BTT, ao igual que coas probas de running que celebramos nesta bisbarra, buscamos dinamizar e dar a coñecer a través da práctica deportiva os fermosos paraxes naturais do Baixo Miño. É por iso que tamén nesta ocasión contaremos coa colaboración dos concellos da Guarda, Oia e o Rosal”.
A organización contará cunha páxina web http://www.bttdoatlantico.com/ na que darán conta polo miúdo de tódalas novidades que vaian xurdindo ao redor da proba.