O Desafío Terras de Turonio volve esta fin de semana a Tomiño como a gran cita do ciclismo de montaña.
A proba de BTT e Gravel de longa distancia está organizada por Team Relay en colaboración co Concello de Tomiño e permitirá desfrutar este sábado 1 de xuño dunha carreira con centos de participantes chegados dende diferentes puntos de Galicia e Portugal.
Esta nova edición implementará unha nova modalidade, dous rutas e tres distancias para o goce das e os amantes da bicicleta.
Así ademais de poder competir de forma individual ou por parella, a competición dividirase nunha proba larga de BTT 1+1 de 95 quilómetros con saída ás 09.00 horas, nunha proba Gravel de 78 km con saída ás 09.30 horas e unha proba corta BTT de 62 quilómetros con saída ás 10.00 horas.
Como en edicións anteriores, o punto neurálxico da organización estará situado na Praza do Seixo, punto de saída e meta, dende a cal as e os ciclistas deberán afrontar un trazado que percorrerá as serras do Argallo e da Groba e que porá a proba a resistencia de todas e todos os participantes.
Con Tomiño como punto de partida, a proba tamén visitará os concellos do Rosal, Oia, Baiona e Gondomar.
O concelleiro de Deportes, Rubén García, sinalou na presentación da proba que o Desafío Terras de Turonio “é unha proba única das súas características en Galicia.
O éxito colleitado nas edicións anteriores ratifica o gusto das e dos deportistas por retos tan interesantes nunha paraxe incomparable e converte a esta proba nunha cita destacada no calendario a nivel rexional e nacional”.