O circuíto de 3,5 kilómetros de lonxitude deseñado en Fragoselo polo Club Ciclista Coruxo viviu o seu bautizo con 114 participantes. Os vencedores no resto de categorías foron Carlos Canal (Maceda) e Antía Martínez (Maceda) en cadetes; Iván Feijoo (Maceda) e Carlota Cañamero (Coruxo) en juniors; Adrian Valverde (Club Ciclista Rías Baixas) en Sub23; Alejandro Trasbach (Racing Cycling) en Master-30; José Manuel Gómez (Barbanzabike) en Master-40; e Javier de la Fuente (Betanzos) en Master-50/60.
O triunfo de Lucía Vázquez en féminas chegou unha semana máis tarde da súa proclamación por undécima vez como campioa autonómica. A cita de Coruxo supoñía para a vilaboense o seu debut esta temporada no Open de Galicia XCO e na liña de meta aventaxou en dous minutos a Lara Lois, gran dominadora deste certame. O podio completouno Isabel Castro (Fornelos).
Na proba elite masculina Saúl López reivindicouse despois de sufrir unha avaría no campionato galego que limitou as súas opcións de vitoria. Nesta ocasión marcou a pauta nun “circuíto perfecto no que non falta de nada. Tiña subidas e baixadas curtas que te obrigan a ir a tope toda a carreira”. O representante do Maceda acadou o seu terceiro triunfo parcial desta campaña nunha carreira que “se fixo moi dura. Puiden aguantar o tirón inicial e logo coller un ritmo alto durante toda a carreira”. O líder elite Alberto Pedreira rematou segundo a un minuto e quince segundos.
A terceira praza ocupouna o sub23 Adrian Valverde, que deste xeito asalta a primeira posición da súa categoría tras aproveitar a ausencia de Samuel González (Óscar Pereiro). Tamén hai novidades no máis alto do ranking Master-40, con José Manuel Gómez recuperando o primeiro posto. Carlos Canal e Antía Martínez en cadetes; Román Saa (Maceda) en Junior masculino; Sara Trigo (Óscar Pereiro), que non participou en Coruxo por lesión, en Junior feminino; Alejandro Trasbach en Master-30; e Javier de la Fuente en Master-50/60, voltarán defender os seus maillots de líderes o vindeiro sábado no VI GP Concello de Oleiros BTT, organizado polo C.C. Cambre, e que suporá o regreso do IV Circuíto Deputación da Coruña XC.
Mini BTT
O clube anfitrión tiña a intención de organizar un día de festa do mountain bike e conseguiuno Como aperitivo das carreiras de XCO de pola tarde, os máis pequenos foron os protagonistas pola mañá co VII Trofeo de Mini BTT, que reuniu a 250 nenos e nenas no torreiro Festas de San Sebastián.
Nas carreiras que se disputaron pertencentes a cinco categorías as vitorias corresponderon a Jorge Fernández (Coruxo) e Noelia Saa (Maceda) en infantís; Sergio Farto (Farto) e Uxía Soto (Teabikes) en alevíns; Dani Fernández (Farto) e Nerea Soto (Teabikes) en prebenxamíns; Xian Alvariño (Redondela) e Alba Gregores (Ponteareas) en promesas; e Mauro Vega (Coruxo) e María Filgueiras (Caimanes Betanzos) en principiantes. Todos eles subiron ao podio para recoller os premios que se encargaron de entregar Daniel Benavides, Xefe de Servizo de Deportes da Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra; Óscar González, xerente da Clínica Dental Romeo; representantes de Anfaco Cecopesca e da Asociación Veciñal e Cultural de Pedramoura.