A primeira camiseta recupera a cor branca na súa totalidade en recordo e homenaxe a aquela dos anos 20 (1922) da primeira selección galega. No diseño aparece un pequeno detalle en azul na parte superior da camiseta coas iniciais da Federación Galega de Fútbol e catro cruces que representan ás catro provincias galegas.
A cor azul coa que se identifica a Galicia gaña presencia na parte traseira sendo o tono elixido para o nome dos xogadores, para o número e para a identificación propia da comunidade coa palabra GALICIA ben destacada debaixo do dorsal.
A bandeira galega está presente de dous xeitos no novo equipamento. En primeiro lugar, co estampamento da propia bandeira na parte superior da traseira da camiseta. E en segundo lugar, a bandeira queda reflexada no conxunto do equipamento. A camiseta é branca, o pantalón azul celeste e as medias brancas. Deste xeito, é o pantalón o que fai o efecto da franxa diagonal da bandeira.
Segunda camiseta
A selección galega vai contar tamén cun segundo equipamento cun diseño totalmente diferente. A camiseta combina dous tonos azuis (claro-escuro) cun diseño a cadros e cunha parte traseira totalmente azul mariñoo. Os logotipos e letras van en branco, producindo un efecto realmente vistoso. Neste caso o equipamento complétase cun pantalón e unhas medias en tono azul mariñoo.
Con estas novas camisetas a FGF quixo darlle un cambio ós diseños da man de Nike e de Abanca, patrocinador principal do Galicia-Venezuela, e ó mesmo tempo facerlle unha homenaxe ó pasado recordando as cores daquela primeira camiseta da selección galega, alá polos anos 1922 e 1923.
A nova camiseta sairá á venta nos vindeiros días en centros e tendas especializadas. Na web da FGF, www.futgal.es, existirá un enlace para poder acceder ós sistema de ventas destes centros colaboradores coa Federación.