A futbolista Carol González, natural de Vigo e que xoga actualmente no Málaga CF Feminino que milita no Grupo Sur da Reto Iberdrola, proclamouse campioa dos Xogos Mundiais da Area con España o pasado mes de outubro.
A galega foi galardoada tras o seu bo papel nos Xogos Mundiais de Area, onde saíu campioa do mundo coa Selección Española de fútbol praia. No devandito campionato, Carol estivo presente anotando goles en todos os partidos, excepto na final, marcando un total de cinco goles.
A semana seguinte á conclusión do torneo, coñeceuse que Carol González era unha das nomeadas aos «Best Women’s player of the year» da sección de fútbol praia xunto a Adriele Rocha (Brasil) e Sarah Kempson (Inglaterra). O resultado final deuse a coñecer na noite deste sábado nunha gala celebrada en Dubai.
En nome de toda a xunta directiva e de toda a Real Federación Galega de Fútbol, o presidente, Rafael Louzán, trasladou a súa felicitación a Carol por este histórico galardón.