Os campos dos municipios que acollen as escolas van acollendo alternativamente as sucesivas competicións, que se disputan nas categorías de Biberón (5 anos), Mini (6 e 7 anos) ,Pre-benxamín (8 e 9 anos), Benxamín (10 anos) e Alevín (11 e 12 anos).
As DEPOrte Escolas son un novo programa, totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para que teñan a posibilidade de iniciarse no seu deporte preferido, dentro do seu propio concello ou en calquera outro se nese non se imparte a formación deportiva na que desexan inscribirse.
O programa desenvólvese desde setembro, coincidindo co inicio do curso escolar, nas modalidades deportivas de balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto.
Un total de 27 concellos contan con escolas de fútbol no programa DEPOrte Escolas deste ano. Son: A Guarda, Agolada, Arbo, As Neves, Cambados, Campo Lameiro, Cerdedo, Cotobade, Crecente, Fornelos de Montes, Gondomar, Mondariz, Moraña, Mos, Oia, O Porriño, O Rosal, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Rodeiro, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.