A formación dirixida por Toni Pazó recibiu no seu campo das Relfas ó Friol, segundo clasificado, e o enfrontamento rematou cunha igulada sen goles. Anita, a porteira do Sárdoma, foi unha das futbolistas destacadas nun encontro con moi poucas ocasións. A formación viguesa continúa na terceira posición da táboa clasificatoria.
Sárdoma: Anita, Ane, Iria, Ani (Jeni, min. 77), Patri, Marta, Sandra Serrano, Uxía, Iraia (Raquel Xavi, min. 54), Yaiza (Criz, min. 24), Marta.
Friol: Malena, Tere (Ana, min. 77), Miriam, Yani, Sabela, Laura, Ceci (Fani Varela, min. 65), Natalia, María, Lucía, Eva.
Árbitro: Juan Luis Dávila. Amosou cartón amarelo a Raquel Xavi polo Sárdoma e a Tere e Laura por parte do Friol.
Incidencias: Partido correspondente á vixésima xornada no grupo I de Segunda División feminina.
Pola súa banda, o Erizana visitou ó Ave Fénix Racing e recibiu unha dura goleada (7-1). O equipo de Baiona tiña a esparanza de loitar polo partido ante un equipo da zona media, pero a realidade foi moi diferente. José Estévez e as súas xogadoras centran os esforzos en sumar algún punto ata o final de tempada.
Ave Fénix Racing: Celia (Sara, min. 46), Santos, Lara Gómez, Marta, Cristina (Rebeca, min. 75), Ana San Miguel, Patricia, Ginebra (Alicia Ruíz, min. 55), Silvia (Rebeca, min. 70), Vera, Esther (Sara Noriega, min. 46).
Erizana: Aitana, Bea López, Alba Ferré, María (Fátima, min. 46), Nerea, Cynthia, Megan (Yaiza, min. 11), Sabela, Eli, Ildara, Maca.
Goles: 1-0, min. 5: Vera; 2-0, min. 8: Sofía; 3-0, min. 29: Patricia; 4-0, min. 44: Silvia Martínez; 5-0, min. 54: Sofía; 5-1, min. 67: Alba Ferré; 6-1, min. 70: Santos; 7-1, min. 75: Vara.