Dende a institución provincial cualifican de “incomprensible e lamentable que o citado cartel estea cheo de estereotipos de xénero e elementos sexistas, e sitúese tan alonxado da igualdade pola que está a loitar o deporte feminino”, polo que insta a ambas as dúas entidades a eliminalo da promoción do partido.
Dende a área de Igualdade lamentan que “en pleno século XXI, e só tres días despois das reivindicacións do 8 de marzo no que millóns de mulleres de todo o mundo saíron ás rúas para esixir xustamente o contrario do que ensina o cartel da Favec e do Coruxo, aínda existan semellantes prexuízos e estereotipos, que tanto dano están a facer ás mulleres”.
A institución presidida por Carmela Silva considera “inconcibible que estas actitudes machistas poidan ter cabida aínda na nosa sociedade”.