Julio Mougán abriu o acto destacando a presenza de preto de 300 xogadores e xogadoras no campionato, agradecendo á Federación Galega de Fútbol a organización do evento en Redondela. Ó mesmo tempo resaltou a presenza dunha xogadora do Choco entre as participantes.
Gustavo Falqué remarcou a importancia deste campionato para a Federación Galega de Fútbol porque “participan todas as nosas delegacións”. O vicepresidente 1º sinalou tamén que a competición non só ten un valo deportivo senón que “é un evento que implica a todas as zonas de Galicia, demostrando de novo o carácter vertebrador que o fútbol ten na sociedade”. Falqué deu ás gracias ó Concello de Redondela e ó Club Deportivo Choco pola colaboración e invitou ós redondelanos e a todos os afeccionados ó fútbol de Galicia “a disfrutar desta gran xornada”.
Iván Crespo remarcou que o traballo que o C.D. Choco está a facer no fútbol base queda reflexado en campionatos como este e na convocatoria de María coa selección de Vigo. O presidente do Choco considera que “Redondela está preparada e confiamos que cauda moita xente ós campos de Santa Mariña”.
Pechou o acto o alcalde dando as gracias á Federación por elixir Redondela para este evento e destacando as instalacións que o Concello “dispón e que permiten albergar un campionato como este”. Eloxiou ó C.D. Choco polo gran traballo que está realizando e emprazou a todos os veciños a disfrutar dun evento que dará comezo ás 10:00 da mañá e que rematará sobre as 21:00 horas.