A entidade redondelana emitiu un comunicado no que expresou o seu “profundo pésame” polo falecemento de Ducho e salientou “o amor” que tiña “polo fútbol e por esta entidade”, que foi “moito máis alá de establecer unha sinatura”.
Durante anos foi alma do Choco e o home que levou o peso da entidade e que viviu por e para o club. Era o encargado das cuestións do equipo no campo de Santa Mariña e cando pechaba a instalación, trasladábase á oficina na praza da Constitución.
Nos inicios compartiu moitas horas con Sesé e con Secundino e Sitos, tamén irmáns e xogadores do primeiro equipo. Directivo, adestrador do conxunto xuvenil e tamén un pioneiro como director deportivo cando éstes non existían.
“Isto é porque pasaba moitos domingos pola mañá na pista da Xunqueira onde os nenos en idade infantil xogaban os seus partidos. Cando chegaba ó inicio da tempada, aqueles rapaces que amosaban máis habilidades eran os que tentaba fichar Ducho para incorporalos ó equipo xuvenil”, lembra o comunicado.
En definitiva, un home fundamental na historia do Club Deportivo Choco dende a súa fundación, en xuño de 1953.