«Unha vez acometidas as obras, detéctanse fallos nestes servizos que se atribúen ás diferencias de tensión que sofre a rede eléctrica nunha das fases do campo, coa que chegan a producirse descensos dun 21% na potencia. Esta perda da tensión impide o correcto funcionamento dos sistemas eléctricos», sinala o Concello nun comunicado emitido este domingo.
Dada esta circunstancia, o goberno de Vigo alega que instalou un verificador de tensión e solicitou á empresa subministradora (Energy -Gas Natural) unha análise da rede eléctrica do campo do Carballal para obter unha diagnose do estado do servizo que permita tomar decisións ao respecto.
O goberno municipal asegura que ten informado desta situación ao Gran Peña e que ten «coñecemento escrito e verbal de tódalas xestións realizadas para tratar de solucionar estes problemas».