Non obstante, as olivas, que lideran a táboa con pleno de vitorias, pasaron máis problemas dos habituais para derrotar ó Victoria coruñés no Pahíño de Navia. O equipo vigués, con varios trocos no seu equipo titular, finalizou o enfrontamento cunha vitoria curta de 3-2, a máis apurada no que vai de campaña no Pahíño de Navia. Aínda así, o segundo tanto das coruñesas chegou no tempo engadido. Clo, con dous goles, foi a futbolista máis destacada.
Olivo: Sheila Fernández, Mónica, Nerea Carballo (Vicky, min. 70), Andrea Mirón, Carla Otero (Andrea Mariño ‘Drus’, min. 62), Paula Domínguez ‘Pauleta’, Natalia Sánchez, María Calvar (Xeila Márquez, min. 62), Natalia Sánchez, Ceci, Joana (San, min. 58), Clo.
Victoria: Ángela, Natalia, Tatiana Tenreiro, Sabrina, Nerea, Virginia, Alba (Tatiana Barcia, min. 58), Rosalía, Carla, Cristina, Cruz.
Goles: 1-0, min. 1: Clo; 2-0, min. 19: María Calvar; 2-1, min. 28: Cristina; 3-1, min. 79: Clo; 3-2, min. 89: Carla.
Árbitro: Juan Luis Davila. Amosou cartón amarelo a Natalia Sánchez polo Olivo e a Natalia Llames e Cruz polo Victoria.
Gaña o Sárdoma
O Sárdoma sumou onte os tres puntos ó derrotar o Orzán nun enfrontamento igualado e no que as xogadoras de Toni Pazó realizaron un dos mellores partidos da tempada. Marta anotou o primeiro gol do equipo vigués, empataron as locais, pero Uxía aproveitou unha xogada a balón parado para desequilibrar o enfrontamento.
Orzán: María, María Oviedo, Raquel, Abreu, Ainhoa (Paula, min. 46), Nerea, Lara, María Vidal (Miriam, min. 64), Aisha (Roibás, min. 46), Gere (Rocío, min. 78), Estefi.
Sárdoma: Anita, Ane Cantero, Iria, Uxía, Ani, Serrano, Raquel Xavi (Jeni, min. 67), Cris (Iraia, min. 56), Marta, Patri (Meli, min. 69), Tania Penedo.
Goles: 0-1, min. 32: Marta; 1-1, min. 69: Roibás; 1-2, min. 83: Uxía.
Árbitro: Javier González Arévalo. Non amosou cartóns.
O Erizana aguanta o primeiro tempo
O Erizana mantivo a esperanza de lograr os primeiros puntos da tempada durante toda a primeira metade do seu partido ante o Femiastur. As xogadoras de José Estévez adiantáronse no marcador e chegaron ó tempo de lecer con vantaxe. Non obstante, encaixaron un gol no primeiro minuto do segundo acto e remataron por encaixar unha goleada (1-6).
Erizana: Aitana, Bea López, Joana (Nerea, min. 55), Alba Ferré, María (Yaiza Came, min. 67), Cynthia, Sabela, Yaiza Yuste, Fátima (Susi, min. 67), Ildara, Maca (Eli, min. 55).
Femiastur: Cubillas, Paula, Tatiana (Claudia, min. 61), Tania Sánchez, Elisabeth, Rocio (Cristina, min. 61), Carla Fernández, Eva Sánchez, Carmen Peñalver, Rebeca, Lorena (Miranda Rodríguez, min. 67).
Goles: 1-0, min. 14: Yaiza Yuste; 1-1, min. 46: Rebeca; 1-2, min. 64: Paula Fernández; 1-3, min. 72: Claudia Carnero; 1-4, min. 83: Carla Fernández; 1-5, min. 87: Miranda; 1-6, min. 88: Eva Sánchez.
Árbitro: Álvarez Calderón. Sen cartóns.