Antes, no sexto minuto, o Umia estivo a piques de darlle un susto de morte. Un erro da zaga, deses que apenas existen no xogo defensivo das de David Ferreiro, deixou o balón franco para Albita (Alba Ferré), que ante a saída desesperada de Kily mandaba o balón fóra. É desas oportunidades que non se esquecen, como a de Tania Penedo na semifinal co Sárdoma ante o que agora é o novo campión.
As de Moisés Campos perdían un valor seguro na medular. Paula Dapena lesionouse no quecemento. Aguantou canto puido pero tivo que retirarse. E o Umia perdeu raseo e control de balón. O aviso dado polo opoñente alertou ao Matamá, que empezou a buscar a portería a través de Pau, cun par de lanzamentos atallados por “ House”.
Paula Alonso é un activo de enorme valor para Ferreiro. Un centro de Sara Debén era rematado por ela de dereita. O balón saía fóra por pouco. Tres minutos despois, a mesma xogadora asinaba o 1-0. Recibía ao bordo da frontal da área, revolvíase e á media volta soltaba un zurdazo seco e colocado, ao que non chegaba a estirada da meta rojilla, o coiro tocaba o pau esquerdo e entraba. O favorito encarrilaba a final. Lonxe de vir abaixo, o Umia sacou o seu espírito guerreiro, o mesmo que lle levou á final sorprendendo en cuartos ao Arousá, o sempiterno dominador do fútbol feminino na delegación de Pontevedra. Outra acción de Ferré era sacada na liña pola central viguesa, con Kily batida (minuto 37).
A segunda metade comezou de fronte para as amarelas. Unha combinación da liña dianteira deixaba a Pau un lanzamento franco para sentenciar. Alto e desviado. Sara Debén probaba fortuna. Paraba a porteira visitante. Sara Porto perdoaba. Facíase raro ver ao Matamá tan misericordioso. En quince minutos, tres ocasiones claras entre Pau e Porto.
O seu rival iniciaba un carrusel de cambios buscando frescura e voltear o senón do encontro. Antía, á saída dun saque de esquina, tivo o empate na súa cabeza. O croque fóiselle por pouco.
Noelia Pereira, un tanque crave no triunfo, habilitaba a Lorena, pero o seu remate de socato era salvado por House botándose aos seus pés (minuto 53). A emoción pasaba dunha área a outra sen o máis mínimo descanso.
Como non hai dous sen tres, o Umia volveu a coquetear co empate. Yoli, aos poucos segundos da súa entrada no campo, disparaba fóra en inmellorable posición ( min. 69). Ata que apareceu Noelia. Galopada, habilidade, velocidade e forza ante as centrais, das que se ía, e chute á dereita da meta viquinga para subir o 2-0. Faltaban só dez minutos.
Campos esgotaba os cambios e o premio á súa ambición táctica chegou no 43, cunha combinación definida por Marga para o 2-1. A bancada vibraba de paixón. Houbo tempo para que 9 sentenciase e House, do mellor da final, impedíseo, e pouco máis.
O Matamá convertíase no terceiro equipo vigués en conquistar a Copa Deputación tras A Oliveira (2016) e Sárdoma (2017). Na entrega de premios, o Matamá fixo o corredor ao Umia e as xogadoras do equipo do Salnés corresponderon co corredor ás campioas. Lección de clase. Todo ben.
Matamá: Kily; Nerea, Pipa Paz, Ani, Graza ( Xiana, min. 61), Sara Porto, Lara, Natalia, Pau (Lorena, min. 54), Noelia e Sara Debén.
Umia C.F: House; San (María, min. 85), Jessica, Domi, Graci, Laura (Alba Barral, min. 20), Paula, Eva ( Vanesa, min. 78), Vero (Marga, min. 55), Antía ( Yoli, min. 68) e Alba Ferré.
Goles: 1-0, minuto 32: Pau. 2-0, minuto 79: Noelia Pereira. 2-1, minuto 88: Marga.
Árbitro: Elena Casal, do comité galego, con Sofía Gándara e Paula Balboa nas bandas. Amoestou polo Umia a Alba Barral, Domi e Yoli.
Incidencias: Final da IV Copa Deputación. Municipal de As Gaiandas en Gondomar. Asistiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Deportes, Chelo Besada e a deputada de Emprego, Montse Magallanes, ademais dos alcaldes de Gondomar e Ribadumia. Excelente ambiente nas bancadas, con numerosos seguidores de ambos os dous equipos. Ao final do encontro, a presidenta da Deputación baixou a felicitar persoalmente ao trío arbitral feminino que dirixiu o choque.