O líder, o Olivo, continúa co seu pleno de vitorias ó obter a décimo cuarta seguida ante o Femiastur. Para acadala, as xogadoras de David Ferreiro traballaron máis do habitual e o resultado quedou en 2-1. Clo adiantou ás viguesas, empatou Libertad e foi Natalia a que desnivelou o partido nos primeiros minutos despois do descanso. Despois chegou un rosario de ocasións do equipo local e moitos erros en remates claros.
El Olivo: Sheila Fernández, Carla Otero, Vicky (Nerea Carballo, min. 64), Andrea Mirón, Andrea Mariño ‘Drus’, Pauleta (María Calvar, min. 60), Xeila Márquez, Natalia Sánchez, Ceci, Clo, San.
Femiastur: Casasola, Paula (Carla Fernández, min. 66), Tania, Tatiana Sol (Carnero, min. 53), Eli, Rocío Muñiz (Carmen, min. 53), Lorena, Cristina, Libertad Hernández (Carmela, min. 73), Rebeca, Miranda.
Goles: 1-0, min. 20: Clo; 1-1, min. 39: Libertad; 2-1, min. 48: Natalia Sánchez.
Árbitro: Rivera Cores. Cartón amarelo a Sheila e Carnero.
Pola súa banda, o Sárdoma tivo unha mala tarde no seu campo de As Relfas e empatou ante o penúltimo clasificado, o Milagrosa. Comezou ben o equipo vigués cun gol de Tania Penedo pero baixou o nivel e as lucenses anotaron tres tantos seguidos para poñerse 1-3 no inicio do segundo acto. Igualou o partido o Sárdoma con tempo para a vitoria, pero non chegou o cuarto gol.
Sárdoma: Anita, Ane Cantero, Uxía, Paula (Meli, min. 46), Ani (Iraia, min. 46), Raquel Xavi, Serrano (Jeni, min. 79), Cris (Yaiza, min. 59), Marta, Patri, Tania Penedo.
Milagrosa: Lucía, Irotxa, Sandar, Bea (Rebolo, min. 69), Mini, Helena, Peke, Mery, Esther, Sabela, Iria.
Goles: 1-0, min. 4: Tania Penedo; 1-1, min. 13: Sabela; 1-2, min. 35: Sabela; 1-3, min. 49: Esther; 2-3, min. 52: Iraia; 3-3, min. 65: Yaiza.
Árbitro: Rubén Extremadura. Amosou cartón amarelo a Patri por parte do Sárdoma e a Esther e Mini polo Milagrosa.
Pola súa banda, o Erizana volveu a experimentar signos de melloría na súa derrota ante o Zamora. A formación de Baiona encaixou dous goles na primeira parte e o terceiro a dez minutos do final. Non obstante, Bea fixo o cuarto gol do ano para un equipo que continúa sin puntuar, pero que da pasiños na súa melloría. Onte foi un deles.
Erizana: Aitana, Joana (Eli, min. 36), Alba Ferré, María, Ildara, Cynthia, Cameselle (Megan, min. 36), Yaiza Yuste, Fátima (Sabela, min. 57), Támara, Maca (Bea, min. 46).
Zamora: Sara Gimeno (María, min. 61), Cristel, Cristina, Sara Fernández (Noelia, min. 59), Sara Pélaez, Bea (Aitana Trigueros, min. 65), Nélida Calvo (María J. González, min. 65), Lara Pastor, María González, María Pérez, Lara Morín.
Goles: 0-1, min. 8: Lara Pastor; 0-2, min. 27: Sara Pélaez; 0-3, min. 80: María González; 1-2, min. 81: Bea.
Árbitro: Juan Davila. Amosou cartón amarelo a Joana Herrera, Tamara, Yaiza Yuste e Ildara polo Erizana e a María González por parte do equipo visitante do Zamora.