Abel Caballero informou de que este domingo será inaugurado o campo de fútbol Baltasar Pujales co partido oficial entre o Rápido de Bouzas e o Choco (19:00 horas). O alcalde tamén lembrou que esta semana foron licitadas as obras nos terreos de xogo do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma.
O convenio entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra permitiu investir, segundo explico o rexedor, un total de 367.000 euros nos traballos para cambiar o céspede do Baltasar Pujales, así como un novo sistema de alumeado con eficiencia enerxética LED e unha caldeira de biomasa.
O rexedor lembrou que este mes xa foi inaugurada a reforma do campo da Bouza, en Coia, e que tamén están en funcionamento despois das obras os de Navia, Meixoeiro e Candeán.
Amfiv e Balonmán Lavadores
Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou as subvencións aos Club Amfiv pola organización do da Copa de Europa de baloncesto en cadeira de rodas por un importe de 30.000 euros e tamén á Unión Balonmán de Valadares por valor de 22.000 euros pola fase de ascenso á División de Honra Plata Masculino.