A pesar da súa curta idade, o defensor chega a Santa Mariña tras unha temporada e media en Segunda División B. O pasado ano militou no Compostela co que xogou cinco partidos como titular. Este curso firmou polo Coruxo e na primeira volta gozou de poucas oportunidades, aínda así acumulou un total de 365 minutos en seis partidos.
Deste xeito, o central chega nun bo momento de forma para estar de inmediato ás ordes de Marcos Montes. Con esta incorporación, o Choco reforza o centro da defensa tras confirmarse a baixa de larga duración de Xesús Carballido ‘Suso’.
Formado nas categorías inferiores do Areosa, xogou no Alondras entre 2013 e 2015. Despois, deu o salto a Segunda B co Compostela, categoría na que tamén militou co Coruxo ata este mercado de inverno.