Cando se cumpren 15 anos dende o regreso da selección galega de fútbol aos terreos de xogo no século XXI e coincidindo coa data do 98º aniversario do primeiro partido oficial dun combinado galego o Colectivo NÓS reunirá o vindeiro xoves 19 de novembro nunha videoconferencia a varias figuras destacadas do fútbol da terra para falar sobre o presente e futuro da Irmandiña.
A charla será retransmitida en vivo ás 21:00 horas polas canles de Facebook e Youtube do Colectivo Celtista e Galeguista NÓS. Estará moderada pola xornalista María Sabarís e contará coas intervencións do músico e escritor Xurxo Souto como promotor do movemento bravú que rescatou o debate da selección galega nos anos 90, do adestrador Fernando Vázquez como seleccionador no 2005 xunto a Arsenio Iglesias, do porteiro celeste Sergio Álvarez como futbolista no combinado do 2016 e da xogadora recoñecida internacionalmente Verónica Boquete.
O Colectivo NÓS, como agrupación de seareiros celtistas que loita por defender a identidade galeguista dun Celta que comparte O Colectivo NÓS organizará o xoves 19 de novembro unha videoconferencia arredor do futuro da Irmandiña con figuras destacadas da terraorixe coa selección (dous dos fundadores do club, Manuel de Castro e Pepe Bar foron os primeiros seleccionadores galegos), organiza esta videoconferencia como revulsivo para tentar recuperar o foco de atención sobre a selección e o seu futuro ante a “pasividade” da federación e as institucións do país nun momento de incerteza cando se cumprirán catro anos dos seus últimos partidos oficiais disputados.