Belarmino Alonso, «Milucho», coordinador da proba, Christopher Staub (Arenas de Alcabre), Daniel Costas (Balaídos) e Quique Prado (Alertanavia), acompañados polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, presentaron a Abel Caballero este martes un evento «xenuíno», segundo lle explicaron, pois nos partidos do Armando Cajaraville non hai resultados.
«Hai, xogo, diversión e aprendizaxe, pero non competitividade», manifestou Milucho. Dende a súa creación, este torneo asegura a todos os nenos e nenas a posibilidade de xogar ao fútbol sen a obriga de gañar. O Concello entrega medallas a todos os inscritos.
Nesta tempada serán un 700 xogadores de 5 a 13 anos os que asistan. Estímase que cada sábado haberá medio milleiro de futbolistas no céspede sintético de Samil. Uns trinta encontros por xornada. E non solo clubs de Vigo, pois tamén se inscriben equipos de concellos da área de influencia, porque a aposta viguesa é única.
«Ano tras ano o evento ten máis éxito», explicou Manel Fernández. Cada xornada están programados catro campos e partidos toda a mañá.