A academia de pádel Máis que Auga celebrará do 11 ao 16 de xaneiro a Semana de Portas Abertas, na que tanto nenos como adultos poderán recibir clases de balde nas instalacións de Barreiro e Navia. Para poder asistir é necesario inscribirse, xa que son prazas limitadas.
Esta acción vense realizando nas instalacións de Máis que Auga dende o ano 2011 e sempre cunha grande afluencia de público. «Este ano, a principal novidade virá marcada polas
medidas de prevención anti Covid-19, que respectamos de forma estrita nas nosas instalacións. De todas formas, o pádel é actualmente unha das actividades que menos
afectada está, xa que se pode xogar sen máscara e en parellas», explican desde Máis que Auga.
Estas clases están dirixidas a todo tipo de público, dende as persoas que nunca practicaron pádel a xogadores/as xa iniciados. Será unha clase grupal, con adestradores/as da academia, todos eles titulados, que vos permitirá coñecer a nosa metodoloxía de traballo. A inscrición debe realizarse na páxina web de Máis que Auga, indicando días e horarios preferentes, para poder organizar as clases. Os días laborais haberá horarios de mañá e de tarde, mentres que o sábado a xornada será matinal.
Máis que Auga comezou a celebrar a Semana de Portas Abertas no ano 2011 (cunha media de participación de preto de 200 usuarios). Nesta ligazón podes reservar a túa clase, no horario que máis te conveña.