A Universidade de Murcia con tan só tres puntos de diferenza proclamouse campioa absoluta sobre Vigo, mentres que a terceira clasificada foi a Universidade Complutense de Madrid. A Universidade de Vigo leva catorce anos consecutivos sen baixar do podio neste campionato.
A nivel individual destacar que Pablo Fernández (-87 quilogramos, do Mat´s) logrou o ouro no seu primeiro universitario. Así coma a prata de Francisco Padín (-68, Olimpic) que se enfrontou na final á campión olímpico Joel González. Foi un combate moi axustado e espectacular, cunha gran actuación do galego. Ao final, triunfo para Joel por 7-5. A segunda prata foir para a deportista do Mat´s Katia Calvar en -67 quilogramos. Os bronces foron para Marta Colón (- 57, Mace Sport), David González (-80, As Sport) e Laura Lorenzo -46, Tao).
A sétima medalla galega foi para Borja Ríos (Hebe) que logrou a prata en -63 quilogramos. O galego representaba á Autónoma de Barcelona.