A clave era rematar, xa que Susana competía sola polo que continuaron ata o final a pesar das dificultades. A viguesa enfronta unha tempada fundamental, xa que está en xogo a clasificación para os primeiros Xogos Paralímpicos nos que o tríatlon forma parte do programa paralímpico (Río 2016).
Desta forma, Susana (con Blanca Lavandeira do Mar de Vigo coma guía) acadou o título cun tempo de 01:22:32. As distancias para os deportistas con discapacidade foron de 4,8 de carreira a pe, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira a pe.
Pola súa banda, Inés Santiago logrou a sexta posición no Campionato de Europa Júnior feminino de Duatlón. Inés quedou descolgada nos últimos metros do primeiro segmento de carreira a pe e esta situación foi determinante no resto da proba. Aínda que a galega traballou a fondo nas primeiras voltas para intentar engancharse ao primeiro grupo, por diante sabían que era fundamental deixala fóra e se esforzaron ao máximo en manter as diferenzas.
Na segunda parte da bicicleta, Inés relaxou o ritmo para centrarse no último sector de carreira a pe, no que logrou o cuarto mellor parcial. Ao
final, sexta posición para Inés Santiago neste campionato de Europa de Duatlón cun tempo de 01:04:59. O triunfo foi para a francesa Lucie Picard (01:02:40).
Entre as inscritas figuraba Cecilia Santamaría, que non se presentou por lesión.