A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu á final e á entrega de trofeos do LXXX Torneo de Tenis Internacional. A competición, que tivo lugar no Club de Campo de Vigo despois de tres anos de ausencia, é a segunda máis antiga do tenis español, só por detrás do Conde de Godó.
O torneo contou con figuras destacadas do tenis internacional e español como Nicolas Álvarez Varona, Alejo Sánchez Quílez (gañador do trofeo) o Carlos Gimeno Valero. Tamén estivo presente o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete.