O secretario xeral para o Deporte informou directamente aos clubs deportivos de remo e piragüismo tudense da política de subvencións que ten aberta a Xunta de Galicia e da que se poden beneficiar estas tres entidades deportivas. Sobre a mesa estivo tamén o Centro Interfederado de Remo e Piragüismo.
José Ramón Lete Lasa aproveitou amais o encontro mantido cos responsables do Kaiak Tudense, Remo Tui e Remo do Miño para felicitalos polos éxitos obtidos por estes club.
Pola súa banda, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, agradeceu ao secretario xeral para o Deporte que se tivera desprazado a Tui para explicar de primeira man estas agrupacións deportivas as particularidade das subvención da Xunta á que poden acceder.
Ao tempo o rexedor lembrou o esforzo que realizan ao longo do ano os deportistas, os seus adestradores e directivos, salientando os excelentes resultados que recollidos en competicións tanto galegas coma nacionais e internacionais e que fan que Tui sexa un referente á hora de falar tanto de remo como de piragüismo.