O torneo cadete comezará ás 9:30 de mañá coa participación de máis de 150 deportistas (63 mulleres e 88 homes), mentres que o sub-21 terá lugar pola tarde (a partir das 15:30 horas) con cen taekwondistas (43 na categoría feminina e 52 na masculina). En ambos casos estará en xogo a clasificación para o Campionato de España das diferentes categorías, que está previsto para o mes de marzo.