O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este mércores na presentación da XXXVIII edición da Travesía a Nado El Corte Inglés que sairá o sábado 30 de xullo da praia de O Vao ás 11:00 horas. Logo de felicitar a organizadores e colaboradores, Caballero animou a toda a cidade a participar nunha proba que leva 38 anos cosechando éxitos e que xa é un referente no calendario deportivo da cidade. Na súa intervención, fixo especial fincapé en motivar ás mulleres para que a proba sexa cada vez máis igualitaria.
Trátase da travesía máis lonxeva da historia á que acoden ano tras ano os nadadores máis importantes de Galicia. Un ano máis, haberá dúas probas diferenciadas: unha Travesía Popular, cun circuito de media milla náutica (926 metros); e o III Trofeo de Augas Abertas Mar de Vigo, con 3.000 m de percorrido (só para deportistas federados).
O prazo de inscripción estará aberto ata o mércores 27 de xullo, ás 20:00 horas, no departamento de Deportes de El Corte Inglés. Todos os participantes recibirán un obsequio conmemorativo.