Entre o 1 de xuño ao 31 de decembro, o deportista vigués realizará exhibicións internacionais no equipo que neste momento é o mellor do mundo. Miguel Barreiro participou no Campionato do Mundo celebrado na illa de Rodas (Grecia) e obtivo, ademais do subcampionato na modalidade de rompementos libres, a prata en rompemento de salto de altura e en quinteto freestyle de exhibición.
A modalidade de rompementos libres é a máis espectacular: o participante ten dous minutos de tempo e pode romper un máximo de 10 táboas en modo de coreografía. Despois do pase á final, a actuación de Barreiro foi espectacular, dado que só fallou unha táboa quedándose a escasas décimas do representante coreano que obtivo o campionato.
O deportista vigués é cinto negro 1er dan, leva practicando taekwondo desde os catro anos como actividade extraescolar no colexio Balaídos ata que decidiu unirse aos grupos de exhibición do club Yidam, onde conseguiu ser tres veces campión de España de exhibición.