A paratriatleta olívica fixo unha gran carreira na categoría de PTVI (para deportistas con discapacidade visual), destacando especialmente na bicicleta e nas magníficas transicións. Na natación ela e Paula perderon algún tempo sobre a británica Alison Patrick (40 segundos), que ao final foron decisivos, xa que tanto na bicicleta como na carreira a pe estiveron moi igualadas e amosándose moi superiores ao resto.
O gran traballo nas transicións lles permitiu recortar segundos ata quedar na segunda posición a só 25 segundos de Patrick, primeira clasificada.
Todo isto con máis mérito se cadra despois duns días de desesperación por parte da deportista viguesa, que veu como o seu tándem chegaba esnaquizado a Estonia despois da viaxe en avión en Ryanair. Tiveron que tirar dun tándem antigo para poder competir e así e todo, prata no Europeo e cun moi bo traballo.