Vigo xa conta cun monumento que rende homenaxe aos seus mellores deportistas, situado na confluencia entre as rúas Rosalía de Castro e Miragaia. Trátase dun mural en pedra no que se gravaron os nomes de todos os vigueses que participaron nuns xogos olímpicos ou paralímicos. Concretamente, a inscripción reúne a 43 deportistas (34 homes e 9 mulleres), dos que 37 son olímpicos e 6 paralímpicos, nunha variedade de quince disciplinas que van desde o atletismo ao voleibol, pasando polo ciclismo, fútbol, remo, tenis ou triatlón.
Durante a súa intervención, Caballero explicou que «Vigo sempre quixo facer do deporte unha bandeira, unha cultura para vivila, practicala e disfrutala». Respecto das competicións olímpicas, eloxiou os seus valores: competencia leal, mensaxes de paz, amizade, respecto das culturas de todos os países, convivencia…. Con este monumento -dixo- queremos render homenaxe a todos os que participaron nalgunha olimpiada e, sobre todo, aos que o fixeron levando o nome de Vigo, gañando ou sen gañar». Antes de rematar, augurou que en breve haberá que ampliar o muro «porque cada vez necestiaremos máis espazo para inscribir a máis deportistas».
Na inauguración tamén participaron Conrado Durántez, presidente da Academia Olímpica Española, e Carlos Pérez, atleta olímpico. A Coral Acopovi, composta por compoñentes de distintas corais da cidade e pertencentes a Acopovi, foi a responsable de interpretar o inmo olímpico.