Na categoría masculina, Antonio Serrat parecía o claro favorito e o vigués non tivo rival. Dende o inicio, Serrat dominou a proba e así foi en cabeza durante os tres segmentos, para chegou a meta en solitario cun tempo de 56:04. Por detrás, interesante loita pola segunda posición, que finalmente foi para Brais Canosa (Arcade Inforhouse) cun tempo de 58:37, mentres que Jaime González (Cidade de Lugo Fluvial) foi terceiro a poucos segundos (58:44).
Na proba feminina, máis do mesmo. Edymar Brea xa marchou en solitario no primeiro sector e así seguiu en cabeza ata alcanzar a liña de meta cun tempo de 01:06:27. A emoción estaba por detrás, onde estaba en loita o resto das prazas do podio. Finalmente, Iria Rodríguez, do Arcade, logrou o segundo posto cun tempo de 01:09:30, mentres que terceira foi a súa compañeira de equipo Inés Castaño (01:09:57).
O Dúatlon Cidade de Santiago, que contou coa participación de 220 deportistas, celebrouse sobre a distancia sprint (5 quilómetros de carreira a pé, 20 de bicicleta e 2,5 de carreira).
O Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2017 está formado por cinco probas: Guitiriz, Cidade de Lugo, Riveira, Santiago e Arteixo. Está en xogo a clasificación para o Galego de Dúatlon, que se celebrará en Vigo o 9 de abril. Cristina Torres (Mar de Vigo) e Manuel Ángel Penas (Tríatlon Arteixo) proclamáronse vencedores do XI Dúatlon Concello de Guitiriz, mentres que en Lugo gañaron Melina Alonso (Tríatlon Ferrol) e Andrés Cendán (Cidade de Lugo Fluvial). Ademais, Sara Guerrero (Náutico de Narón) e Brais Canosa (Arcade Inforhouse) proclamáronse vencedores do Dúatlon Concello de Riveira.