Máis que Auga comeza a partir de este mércores cos directos desde casa grazas os técnicos que farán bailar aos socios e convertirá o salón nun mini gym. Dende este mércores, Mías que Auga programa clases en directo para todos os públicos (dende os máis pequenos aos maiores) que serán realizadas polos nosos monitores dende as súas casas.
Zumba, hipopresivos, pilates, gap, wodfit, mobilidade… son algunhas das opcións, ademais de varias clases para os peques da casa. Unha vez rematadas as clases, estas pasarán a formar parte do arquivo de clases gravadas, que xa están a disposición de toda a cidadanía viguesa na páxina web.
«Dende as redes as e os nosos socios dicíannos o moito que botaban de menos as clases e nos a eles, así que estivemos preparando esta opción para que a espera ata que poidamos regresar ás nosas instalacións sexa máis soportable», aseguran desde Máis que Auga.
Esta iniciativa social aberta a toda a cidadanía chega da man de Máis que Auga en colaboración co Concello de Vigo, co obxectivo fundamental de axudar a manterse en forma nestes momentos de confinamento na casa e tamén levar un pouco de alegría e bo rollo ás casas.
Nestes primeiros quince días con vídeos gravados na nosa web contamos con máis de 66.000 visitas, sendo Vigo, evidentemente, a cidade con máis consultas (máis de 28.000), aínda que houbo visitas dende toda España (Madrid, con case 7.000), Europa (Italia, Portugal, Reino Unido…) e o resto do mundo (Estados Unidos, Canadá, Uruguai…).
Ademais, para a masa social, está na APP unha programación de máis de 350 sesións de adestramento para poder realizar no fogar. O acceso será a través da APP de Máis que Auga, que é gratuíta e está ao dispor de todos os abonados. No menú aparece o apartado “virtuais”, que ofrece unha ampla e variada oferta (sesións queimagrasas, adestramento de forza, baile, ioga, ciclo indoor, estiramentos…). Esta proposta está enfocada exclusivamente para os nosos abonados e abonadas.