No marco desta iniciativa, os viaxeiros recibirán un kit con tres bolsas de reciclaxe para que poidan separar os residuos xerados durante a súa estadía no arquipélago e depositar o seu contido, á volta, nos colectores instalados na Estación Marítima de Vigo.
FCC repartirá 20.000 bolsas durante a última fin de semana de xullo, todos os sábados e domingos do mes de agosto e ao longo de toda a ponte festiva do 15 ao 17 de agosto. Os usuarios das navieiras que realizan o transporte a Cíes recibirán, antes de subir ao barco, un pack con tres bolsas diferenciadas en cor azul para papel en cartón, en cor amarelo para plásticos, latas e bricks e en cor verde para o vidro.
O kit que recibirán os visitantes ás Illas inclúe tamén unha pequena guía explicativa sobre a campaña e sobre a riqueza animal e vexetal do Parque Nacional. FCC pon en marcha esta iniciativa, por terceiro ano consecutivo, co obxectivo de preservar o patrimonio natural das Illas Cíes e concienciar aos cidadáns da importancia de recoller e separar os residuos xerados.