Abel Caballero puxo en valor o traballo desenvolvido polos Montes de Vigo, especialmente despois dos incendios de 2017, e convidou á cidadanía a sumarse á sexta edición da Andaina para «vivir o monte xuntos, gozalo e sentirnos parte da súa conservación».
A actividade desenvolverase o domingo 12 de maio, con saída da Praza do Rei en autobús, previas inscricións no teléfono 010 ou no blog Camiño a Camiño e contará cun operativo especial de persoal da Policía Local, Protección Civil E Voluntarios.
A VI Andaina polos montes de Vigo busca poñer en valor o patrimonio natural e paisaxístico do municipio territorio) e discorre ao longo de 39,3 kilómetros polos montes de Candeán, Cabral, Bembrive, Beade e Zamáns. O percorrido divídese en tres tramos: o 1 desde o Parque forestal de Zamáns, Muíños Zamáns, CUVI, Parque Forestal de Beade; o segundo parte do Parque Forestal de Beade, Área Pouso (Bembrive), Gorxal, Cotogrande, Bandeira, Vixiador e o terceiro desde o Parque Forestal do Vixiador, Necrópole con remate no Parque Forestal do Vixiador.
A andaina forma parte do programa de educación medioambiental «Camiño a Camiño» e está organizada polo Concello de Vigo, coa colaboración de Montes de Vigo e co patrocinio de Vegalsa-Eroski e Coca-Cola. Conta cunha pequerruta e unha ruta adaptada a persoas con mobilidade reducida.
Na presentación estiveron presentes Uxío González e Gregorio Álvarez, presidente e vicepresidente respectivamente da Mancomunidade de Montes de Vigo, Irasema Dámaso Carballido, do departamento de Responsabilidade Social Empresarial de Vegalsa-Eroski, e Adrián Torreiro Rojo, do departamento de comunicación de Vegalsa Eroski.